André Weckmann
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) André Eugène Auguste Weckmann 30 de novembro de 1924 Steinbourg, Francia |
Morte | 29 de xullo de 2012 (87 anos) Estrasburgo, Francia |
Causa da morte | embolia pulmonar |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor, membro da resistencia francesa |
Carreira militar | |
Conflito | segunda guerra mundial |
Premios | |
André Weckmann, nado en 1924 en Steinbourg e finado o 29 de xullo de 2012 en Estrasburgo, foi un escritor alsaciano trilingüe.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os seus pais rexentaban un Dorfwirtschaft, unha pousada típica alsaciana onde paraban xentes de toda Alsacia e onde se familiarizou coas diferentes variedades do alsaciano.[1]. Cando o Terceiro Reich incorporou Alsacia a Alemaña en 1943, enrolouse por obriga na Wehrmacht con destino na Fronte Oriental. Ferido preto de Fastov desertou en setembro de 1944. Conseguiu volver a Francia para unirse á resistencia. Tras a guerra estudou na Universidade de Estrasburgo, e traballou como profesor de alemán no liceo Neudorf de Estrasburgo de 1961 a 1989. Foi tamén locutor de radio.
Obras
[editar | editar a fonte]Narracións
[editar | editar a fonte]- Les Nuits de Fastow, Colmar : Alsatia, 1968.
- Sechs Briefe aus Berlin, Colmar : Alsatia, 1969
- Geschichten aus Soranien, ein elsässissches Anti-Epos, Strasbourg : Culture alsacienne, 1973
- Fonse ou l'éducation alsacienne, París : Oswald, 1975.
- Die Fahrt nach Wyhl, eine elsässissche Irrfahrt (A viaxe a Wyhl), Strasbourg : CEDA, 1977.- Kehl : Morstadt, 1987
- Wie die Würfel fallen, Kehl : Morstadt, 1981
- Odile oder das magische Dreieck, Kehl : Morstadt, 1986
- La Roue du paon, versió francesa del conte Odile oder das magische Dreieck, Strasbourg : BF, 1988
- Simon Herzog, fragments de substance, Strasbourg : Société alsacienne et lorraine de diffusion et d'édition, 1992.
- Elsassichi Litturgie, Strasbourg : Éditions Hirlé, outubro de 2004
- Laweslini, Liëweslini, Ligne de vie, ligne de cœur, Strasbourg : Hirlé, 2007.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Schang d'sunn schint schun lang, Strasbourg : Association J.B. Weckerlin, 1975
- Haxschissdrumerum, Rothenburg: J.P. Peter, 1976
- Fremdi Getter, Pfaffenweiler : Pfaffenweiler Presse, 1980
- Bluddi hand, Strasbourg : BF, 1983
- Landluft, Pfaffenweiler : Pfaffenweiler Presse, 1983
- Apfel am Winterbaum, Göttingen : Graphikum, 1986
CD
[editar | editar a fonte]- René Egles, André Weckmann: Wihnachtszitt (1996)[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ " Ficha no BNPA". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2015. Consultado o 14 de agosto de 2016.
- ↑ [ligazón ningún formato] http://www.liederbrunne.com/?p=1&sp=details&id=30 Arquivado 23 de outubro de 2007 en Wayback Machine.