Anatom
Tipo | illa illa volcánica | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | New Hebrides (en) | |||
Situado na entidade xeográfica | Vanuatu | |||
Localización | ||||
División administrativa | Tafea, Vanuatu | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Altitude | 852 m | |||
Superficie | 159,2 km² | |||
Anatom (comunmente Aneityum, e algunhas veces tamén Kéamu) é a illa máis meridional de Vanuatu. Está na provincia de Tafea.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A entidade de poboación máis grande é Anelcauhat, no lado sur. A illa ten 159´2 km² de superficie. Elévase a unha altura de 852 metros no monte Inrerow Atamein.
Hai un aeroporto, non na illa principal en si, senón na pequena illa de Inyeug ao sur, (correctamente, INEC), a través da aldea principal, que ten dous voos semanais a Port Vila e Tanna.
Anatom é a illa máis meridional de Vanuatu (sen contar Illas Matthew e Hunter, que se disputa con Nova Caledonia, pero considerada polo pobo de Anatom illa parte do seu territorio).
Poboación
[editar | editar a fonte]Anatom ten actualmente unha poboación estimada de 1250 (oficial 915). Antes da chegada dos europeos en 1793 crese que tiña unha poboación de máis de 12.000 habitantes. As enfermidades, os secuestros e enganos para traballar nas plantacións foron os principais factores no despoboamento, menos de 200 habitantes en 1930. A illa está rodeada de arrecifes de coral e de praias. O idioma principal de Anatom chámase Aneityumese ou Anejom.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anatom |
- Vanuatu tourism pageArquivado 30 de marzo de 2008 en Wayback Machine.