Ana María Bejarano Escanilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ana María Bejarano Escanilla
Nacemento1959
Lugar de nacementoSalamanca
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntradutora
PremiosPremio Nacional de Tradución de España
editar datos en Wikidata ]

Ana María Bejarano Escanilla, nada en Salamanca en 1959, é unha tradutora e investigadora española especializada en filoloxía semítica. Foi galardoada co Premio Nacional de Tradución de España do ano 2016 pola tradución á lingua española de Gran Cabaret, de David Grossman[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É profesora da Sección de Hebreo e Arameo do Departamento de Filoloxía Semítica da Universidade de Barcelona e coordinadora dos cursos de lingua hebrea da Escola de Tradutores de Toledo da Universidade de Castilla la Mancha.

Publicou versións de máis de cincuenta obras da literatura hebrea contemporánea, traducidas dende o hebreo ó español, cos xéneros de novela, conto, ensaio, teatro e poesía.

Notas[editar | editar a fonte]