Ana Cristina Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ana Cristina Conceição da Silva»)
Infotaula de personaAna Cristina Silva
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Vila Franca de Xira, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsicóloga , escritora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Lisboa
ISPA - Instituto Universitário (pt) Traducir, professor assistente (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Ana Cristina Conceição da Silva, nada en Vila Franca de Xira en 1964, é unha docente e escritora portuguesa, doutora en psicoloxía polo ISPA, desde 1992. Publicou dez novelas.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ana Cristina Silva é unha profesora universitaria, deu clases sobre a psicoloxía da linguaxe e introduciu o seminario práctico no ISPA - Instituto Universitario de Ciencias Psicolóxicas, Sociais e da Vida. Tras o seu doutoramento en Psicoloxía educativa[2] pola Universidade do Miño, especializouse na área da aprendizaxe da lectura e escrita, desenvolvendo a investigación no dominio das adquisicións precoces da linguaxe escrita, ortografía e produción textual. Ten obra científica publicada en Portugal e noutros países. Para alén diso, tense dedicado á creación literaria.Ten artigos científicos publicados en revistas e obras colectivas portuguesas e de fóra. En 2002 fixo a primeira viaxe para a literatura e publicou cerca de dez libros xa.

Publicacións[editar | editar a fonte]

[3]

  • Mariana, Todas as Cartas (2002). Gótica. 224 páxs.
  • A Mulher Transparente (2003). Gótica. 188 páxs.
  • Bela (2005). Ambar.
  • À Meia Luz (2006). Ambar.
  • As Fogueiras da Inquisição (2008). Ed. Presença. 192 páxs. No século XVI Sara de Leão, protagonista e neta dunha familia xudaica portuguesa, é presa nun calabouzo, en Évora, acusada de prácticas xudaizantes.
  • A Dama Negra da Ilha dos Escravos . Memórias de Dona Simoa Godinha (2009). Ed. Presença. 560 páxs. D. Simoa Godinho, figura histórica intrigante e misteriosa da Lisboa do século XVI, que nacera en S. Tomé.
  • Crónica do Rei-Poeta Al- Um’Tamid (2010). Ed. Presença. 184 páxs. Al-Mu’ Tamid naceu en Beja, en 1040. Nesa época, a poesía e a cultura florecían nas cortes árabes.
  • Cartas Vermelhas (2010). Oficina do Livro. 272 páxs. A historia dunha militante comunista que se apaixona por un inspector da PIDE.
  • Rei do Monte Brasil (2012). Oficina do Livro. 168 páxs. Un pequeno libro que moito nos conta sobre a vida de Mouzinho de Albuquerque.[4]
  • A Segunda Morte de Ana Carenina (2013). Oficina do Livro. 224 páxs. Unha novela sobre o amor sen límites, a traizón e os custos da vinganza.
  • A Noite não É Eterna (2016). Oficina do Livro. 200 páxs. A Romanía, baixo o xugo do ditador Nicolae Ceausescu, atravesa un dos piores períodos da súa historia, coa poboación a enfrontarse á fame e dominada polo terror.[5]
  • Salvação (2018). Parsifal PT. 200 páxs. David Negro, é un médico xudeu que ten que fuxir de Lisboa tras a condenación da muller pola Inquisición.
  • As Longas noites de Caxias (2019). Ed. Planeta. 200 páxs. Unha foi torturada. A outra tiña pracer en torturar. Dúas mulleres que ficaran na historia da PIDE.
  • Rimbaud, o Viajante e o Seu Inferno (2020). Editora Exclamação. 180 páxs.

Libros de Psicoloxía[editar | editar a fonte]

  • Con A. Carita, A. Monteiro, T. Diniz. (1998). Como ensinar a estudar. Ed. Lisboa: Editorial Presença.
  • Até à descoberta do princípio alfabético (2003). Ed. Lisboa: Gulbenkian.
  • Con I. Sim-Sim, C. Nunes (2008). Linguagem e Comunicação no Jardim de Infância. Ed. Lisboa: Direcção-Geral de Inovação e Desenvolvimento Curricular.
  • Con S. Ferreira (2012). Jogos para aprender a ler e a escrever. Ed. Lisboa: DGIDC, Ministério da Educação.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2011: Cartas Vermelhas, selecionado como Libro do Ano polo jornal Expresso e finalista do Premio Literario Fernando Namora.
  • 2012: O Rei do Monte Brasil, finalista do Premio SPA/RTP e do Premio Literario Fernando Namora, e vencedor do premio Urbano Tavares Rodrigues.
  • 2013: A Segunda Morte de Anna Karénina, finalista do Premio Literario Fernando Namora.
  • 2017: A Noite não É Eterna venceu o Premio Fernando Namora.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fidelizarte. "Ana Cristina Silva". Portal da Literatura (en portugués). Consultado o 2020-07-01. 
  2. "Ana Cristina Silva. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-01. 
  3. [1]
  4. Rufino, Mário. ""O Rei do Monte Brasil" de Ana Cristina Silva (Diário Digital)". Livrómano. Consultado o 2020-07-01. 
  5. "Visão. Ana Cristina Silva: Uma história romena". Visão (en portugués). 2016-05-27. Consultado o 2020-07-01.