Anaír Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnaír Rodríguez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora , editora literaria , escritora Editar o valor em Wikidata

Twitter: anair_rodriguez Editar o valor em Wikidata

Anaír Rodríguez Rodríguez, nada en Vigo en 1978, é unha tradutora, editora e escritora galega[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, traballa como editora en Edicións Xerais de Galicia. É socia fundadora de Espazo Lectura, asociación gondomaresa a prol da lectura.

Ten elaborado diversos materiais didácticos en lingua galega. Como tradutora, ocupouse de trasladar ao galego distintas obras da literatura infantil e xuvenil.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Álbum:

  • Pioneiras. Galegas que abriron camiño (2018). Xerais. 32 páxs. Ilustracións de Nuria Díaz[2]. ISBN 978-84-9121-310-9. Para a editora: "Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor".[3]
  • Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño (2019). Xerais. 32 páxs. Ilustracións de Abi Castillo. ISBN 978-84-9121-464-9. Para a editora: "... fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións".[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha na páxina web de Xerais.
  2. «“Pioneiras” de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz, presentación na Libraría Lume», post de Manuel Bragado no blog Brétemas, 8 de marzo de 2018.
  3. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-15. 
  4. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]