Saltar ao contido

Aníbal Montero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Montero
Información persoal
Nome Aníbal Montero
Nacemento 12 de xuño de 1949
Lugar de nacemento Maciel
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Cerro
1971–1978 Elche 209 (10)
1978–1979 Deportivo da Coruña 16 (0)
1979–1980 Alicante
1979–1980 CE Europa
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Aníbal Montero Soca, nado en Maciel, Paraguai, o 12 de xuño de 1949, é un ex futbolista e adestrador paraguaio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira futbolística no Uruguai, onde xogou no Club Atlético Cerro, antes de dar o salto a Europa en 1971, cando fichou polo Elche, da Segunda División, adestrado polo arxentino Roque Olsen. Na súa segunda tempada en España, anotou contra o Barakaldo o gol que lle daba ao Elche o segundo ascenso a Primeira División da súa historia.[1] Xogou cinco anos máis no club ilicitano en Primeira, ata o descenso do equipo na tempada 1977/78. Disputou un total de 232 partidos oficiais co Elche, anotando 11 goles.

En xullo de 1978 fichou polo Deportivo da Coruña, na Segunda División.[2] Xogou 19 partidos no club galego, que completou unha mala campaña acabando preto do descenso. Con todo, non chegou a rematar a tempada, pois tras perder varios partidos por unha lesión no tendón de Aquiles o seu contrato foi rescindido en marzo.[3]

Posteriormente xogou no Alicante e o CE Europa.

  1. "El Elche logra su quinto ascenso a Primera en noventa años de historia". Público (en castelán). 18 de maio de 2013. Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  2. "Montero, examinado por el médico del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xullo de 1978. p. 44. 
  3. "El Deportivo rescindió el contrato a Montero". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de marzo de 1979. p. 32. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]