Amnesia anterógrada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A amnesia anterógrada é un tipo de perda de memoria en que os novos acontecementos non se gardan na memoria a longo prazo. A persoa afectada non é capaz de lembrar algo cando a información desaparece da memoria de curto prazo, pois non se consolida na súa memoria de longo prazo.

Etioloxía[editar | editar a fonte]

Este trastorno neurolóxico prodúcese por lesións en partes do cerebro relacionadas coa memoria, coma o hipocampo. Algúns medicamentos da familia das benzodiacepinas, coma o clonacepam ou o alprazolam, poden provocar síntomas temporais deste tipo de amnesia. Consumir grandes cantidades de alcol nun curto período de tempo poden producir tamén unha amnesia temporal.

Tecnicamente úsase o termo amnesia anterógrada, pois o problema non está na memoria inmediata, senón nos recordos a curto prazo. A memoria de longo prazo non está alterada. Porén, a partir do accidente os recordos recentes non se poderán almacenar. Neste caso non se poderán realizar novas aprendizaxes. Así, fica alterada a memoria explícita (tipo verbal e simbólica), mentres que a memoria implícita adoita ficar intacta.

No cinema[editar | editar a fonte]

Leonard, quen sufriu un trauma cerebral, é incapaz de almacenar novos recordos. Con todo, posúe memoria procedimental e lembra como realizar as accións cotiás. Co obxectivo de "lembrar" os sucesos da súa vida, usa fotos para ter un rexistro da xente con quen se relaciona, onde se aloxa e outros aspectos básicos.

Alén das fotografías, toma notas e tatúase pistas do asasino da súa esposa, ás veces demasiado ambiguas. Leonard busca vingarse do home que violou e asasinou á súa muller e que lle provocou a súa enfermidade. Á vez, séntese culpábel por non crer en Sammy, outro personaxe que sufriu o mesmo problema.

Os temas principais do filme son a natureza da memoria, a identidade, o tempo, o recordo inconexo, a realidade, a manipulación e a vinganza.

Henry Roth (Adam Sandler), un biólogo mariño que vive en Hawai, coñece a Lucy Whitmore (Drew Barrymore), profesora de arte, unha mañá nunha cafetaría. Axiña se descobre que Lucy sofre amnesia anterógrada por causa dun accidente sufrido un ano antes. Non ten ningún recordo entre o día do accidente e o presente, xa que é incapaz de converter a memoria de curto prazo a longo prazo.

Cada mañá esperta sen lembrar o acontecido o día anterior. Cre que cada día é 13 de outubro de 2002. O seu irmán e o seu pai actúan coma se fose ese día, os aniversarios do pai, para evitar que Lucy sufra e descubra o accidente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • JM Barrul Olsen Montoya Bolaños (2004). Biopsicología. Madrid: Pearson Prentice Hall. ISBN 0-205-28992-4.