Amil, Moraña
Amil | |
---|---|
Solpor en Amil | |
Concello | Moraña[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°32′25″N 8°35′01″O / 42.54027778, -8.58361111 |
Poboación | 414 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Mamede de Amil é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 472 habitantes (253 mulleres e 219 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 522 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 414 habitantes, sendo 197 homes e 217 mulleres.
Patrimonio histórico-artístico
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial foi construída en 1781.
En 1892 rematouse de construír o Santuario da Virxe dos Milagres, onde se celebra o primeiro domingo despois do 8 de setembro a Romaría dos Milagres de Amil, á que asisten milleiros de peregrinos de toda Galicia.
A tradición popular conta que todo naceu dun milagre acontecido no século XVIII. Había un labrego chamado Sebastián, que debía percorrer un longo camiño ata unha fonte afastada para conseguir a auga necesaria para regar a súa horta e a dar de beber ó seu gando, polo que rezaba con devoción á Virxe. Un día, despois de rezar pedindo axuda, púxose a cavar na terra e milagrosamente comezou a brotar un manancial. A auga era tan abondosa que mesmo lle permitiu construír un muíño que movía a auga deste manancial.
De aí a cantiga popular:
"Miña Virxe dos Milagres/ que fas milagres na terra,/ fixeches nace-la auga/ na fonte da Rozavella" [2].
Ademais, na parroquia hai varios cruceiros dos séculos XVIII e XIX,
A Virxe dos Milagres na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]- Miña Virxe dos Milagros,/ os milagros vanse vendo,/ ás rapaciñas de agora/ vaille a barriga crecendo [3].
- Miña Virxe dos Milagros/ vive no alto do Chan,/ para ver os mariñeiros/ como bogan polo mar [4].
Festas
[editar | editar a fonte]Nesta parroquia celébrase desde 1970 a festa gastronómica do porquiño á brasa.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Santuario da Virxe dos Milagres.
-
Santuario da Virxe dos Milagres.
-
Santuario da Virxe dos Milagres.
-
Santuario da Virxe dos Milagres.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Amil
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Amil no concello de Moraña (Pontevedra) | |
---|---|
O Apedrado | Barro | Cartamil | O Castriño | A Chan | O Outeiro | A Picota | Piñeiro | Pumardatán | A Rozavella | Ruibal | Torre de Abaixo | Torre de Arriba | Vilacova |
Parroquias de Moraña
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega, 2003, s. v. Amil
- ↑ Gran Enciclopedia Galega II, s. v. Amil. Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 189. No texto: âs rapaciñas. Refírese á Virxe dos Milagres de Amil, que Bouza Brey sitúa no concello de Cuntis, cando en realidade se atopa en Moraña, concello lindeiro con aquel.
- ↑ A Chan é un lugar da mesma parroquia de Amil.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
- VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, ed. Galaxia, Vigo 2011.