American Gangster
| American Gangster | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||||
American Gangster é un filme biográfico estadounidense de 2007 dirixido por Ridley Scott e escrito por Steve Zaillian. O filme baséase na carreira criminal de Frank Lucas, un gánster de Carolina do Norte que pasaba heroína dentro dos Estados Unidos a través dos avións militares que regresaban da Guerra de Vietnam. Está protagonizado por Russell Crowe e Denzel Washington nos papeis principais, xunto con Ted Levine, John Ortiz, Josh Brolin, Chiwetel Ejiofor, Norman Reedus, Ruby Dee e Lymari Nadal nos papeis de elenco.
Estreouse en galego o 17 de xullo de 2025 a través da TVG.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]No Nova York de 1968, Frank Lucas (Denzel Washington) é o chofer dun importante mafioso de Harlem. Cando o seu xefe morre inesperadamente, Frank aproveita a oportunidade para construír o seu propio imperio. Grazas ó seu talento, convértese non só no meirande narcotraficante da cidade, enchendo as rúas con produtos de mellor calidade e prezo, senón tamén nun home público moi respectado. Richie Roberts (Russell Crowe), un policía marxinado que coñece ben as rúas, decátase de que unha persoa allea ós clans mafiosos está a trepar no poder. Tanto Roberts como Lucas comparten un estrito código ético que os afasta dos demais e que os converte en dúas figuras solitarias en lados opostos da lei. Cando se atopan, o enfrontamento entre eles é inevitable.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Denzel Washington as Frank Lucas
- Russell Crowe como Det. Richie Roberts
- Ted Levine como Capt. Lou Toback
- Cuba Gooding, Jr. como Nicky Barnes
- Ruby Dee como Mama Lucas
- Josh Brolin como Det. Reno Trupo
- Clarence Williams III como Ellsworth "Bumpy" Johnson
- T.I. como Steve Lucas
- Carla Gugino como Laurie Roberts
- Common como Turner Lucas
- Idris Elba como Tango
- John Ortiz como Det. Javier Rivera
- Chiwetel Ejiofor como Huey Lucas
- Norman Reedus como Det. Norman Reilly
- Lymari Nadal como Eva Kendo Lucas
- Roger Guenveur Smith como Nate
- John Hawkes como Det. Freddie Spearman
- RZA como Det. Moses Jones
- Yul Vazquez como Det. Alfonso Abruzzo
- Malcolm Goodwin como Jimmy Zee
- Kevin Corrigan como Campizi
- Ruben Santiago-Hudson como Doc
- Armand Assante como Dominic Cattano
- Jon Polito como Rossi
- Ric Young como Khun Sa
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2007: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor actriz secundaria (Ruby Dee) e mellor dirección artística.
- 2007: 3 nomeamentos ó Globo de Ouro, incluíndo mellor filme dramático.
- 2007: 5 nomeamentos ós BAFTA, incluíndo mellor filme, fotografía e guión orixinal.
- 2007: 2 nomeamentos ós Critics' Choice Awards: mellor filme e canción.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ @seicanena, ed. (17 de xullo de 2025). "Estrea na TVG hoxe. Á 1:50 am. Peli monumental traducida por min, dirixida por Andrés Bellas e dobrada polos mellores. Non a perdades e espallade, porfa". Consultado o 21 de agosto de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- American Gangster na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Filmes de 2007
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Ridley Scott
- Filmes ambientados en Nova Jersey
- Filmes de Universal Pictures
- Filmes de Relativity Media
- Filmes de Imagine Entertainment
- Filmes de Scott Free Productions
- Filmes sobre temas raciais
- Filmes sobre drogas
- Filmes ambientados en Nova York
- Filmes ambientados en Vietnam
- Filmes sobre a Guerra do Vietnam
- Filmes de 2007 con versión en galego