Saltar ao contido

American Don

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

American Don
Don Caballero Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
3 de outubro de 2000 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01m4ltk Editar o valor en Wikidata
Discogs: 42683 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

American Don é un álbum de estudio da banda estadounidense de math rock Don Caballero, publicado o 3 de outubro de 2000 a través do selo Touch and Go Records.[1] O disco foi gravado por Steve Albini.

American Don é a quinta edición de longa duración de Don Caballero, e o cuarto álbum de estudio, aínda que moitos seareiros considerano o seu derradeiro disco debido á pelexa entre Ian Williams e Damon Che, o núcleo creativo do grupo, tras a edición deste álbum. Williams e o baixista Eric Emm abandonaron o grupo tras a gravación de disco, deixando a Che é como único membro orixinal de Don Caballero ata a súa disolución en 2009.[2]

En 2026 publicouse unha edición remasterizada de luxo do álbum con sete temas inéditos extra. Eses temas, coñecidos como True Live Tapes, son versións ao vivo dalgúns temas do disco gravados posteriormente no estudio de Greg Norman (enxeñeiro que tamén traballaba con Albini). A banda decidiu facer esas gravacións porque non quedara contenta co resultado da gravación de Steve Albini.[3][2]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
N.º Título Duración
1. "Fire Back About Your New Baby's Sex"   4:42
2. "The Peter Criss Jazz"   10:35
3. "Haven't Lived Afro Pop"   7:34
4. "You Drink a Lot of Coffee for a Teenager"   2:41
5. "Ones All Over the Place"   9:00
6. "I Never Liked You"   4:59
7. "Details on How to Get ICEMAN on Your License Plate"   5:35
8. "A Lot of People Tell Me I Have a Fake British Accent"   5:23
9. "Let's Face It Pal, You Didn't Need That Eye Surgery"   5:09
True Live Tapes
N.º Título Duración
10. "Fire Back About Your New Baby's Sex"   4:39
11. "Haven't Lived Afro Pop"   4:48
12. "The Peter Criss Jazz"   4:41
13. "Ones All Over the Place"   4:02
14. "I Never Liked You"   4:25
15. "Details on How to Get ICEMAN on Your License Plate"   5:35
16. "Let's Face It Pal, You Didn't Need That Eye Surgery"   4:10
  1. ↑ "American Don, by Don Caballero". Don Caballero (en inglés). Consultado o 2024-08-06.
  2. 1 2 "Release Roundup: Beck, Pierce The Veil, Don Caballero". SPIN (en inglés). 2026-01-30. Consultado o 2026-05-29.
  3. ↑ "American Don (Deluxe Edition)". doncaballero.bandcamp.com. Consultado o 2026-05-27.