Aínda que Ian Williams está acreditado na guitarra neste traballo, realmente uniuse á banda pouco antes da gravación do disco e tivo pouca influencia creativa no mesmo. Como resultado, este álbum e moito menos complexo que os traballos posteriores de Don Caballero. Nunha entrevista do 2006 para o e-zine Space City Rock, Damon Che revelou que tocou a guitarra nalgunhas cancións de Don Caballero, incluída "Well Built Road".