America (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
America
America US music group 1976.JPG
Beckley, Peek e Bunnell en 1972.
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Período1970-presente
Xénero(s)Rock, folk rock, soft rock, pop rock
Selo(s) discográfico(s)Warner Bros., Capitol, Burgundy
MembrosGerry Beckley
Dewey Bunnell
Antigos membrosDan Peek
Páxina webhttp://www.venturahighway.com/

America é un grupo musical de rock formado en Inglaterra en 1970 polos artistas Dewey Bunnell, Dan Peek e Gerry Beckley. O trío coñeceuse por seren fillos de militares estadounidenses das forzas aéreas asentados en Londres, onde comezaron as súas actuacións en vivo. America acadou unha gran popularidade na década de 1970, e eran coñecidos polas súas harmonías vocais e o seu son folk acústico e lixeiro.

America nunha actuación de 1972.

O grupo xurdiu pouco despois da gradución dos seus membros no instituto, e axiña asinaron co selo Warner Bros. Records. O seu primeiro álbum, 1America, produciu os seus primeiros éxitos "A Horse with No Name" e "I Need You"; Homecoming (1972) produciu o sinxelo "Ventura Highway" e Hat Trick (1973), tivo un éxito máis modesto nas listas e produciu un éxito menor, "Muskrat Love".

Membros do grupo[editar | editar a fonte]

Actuais membros
  • Gerry Beckley – líder e voz, teclado, guitarra, baixo e harmónica (1970–presente)
  • Dewey Bunnell – líder e voz, guitarra e percusión (1970–presente)
Antigos membros
  • Dan Peek – líder e voz, guitarra, baixo, teclado e harmónica (1970–1977; finado en 2011)
Actuais músicos de xiras
  • Richard Campbell – baixo, voz (2003–presente)
  • Ryland Steen - batería, percusión (2014–presente)
  • Bill Worrell – guitarra, banjo, teclado, coros (2014–presente)
Antigos músicos de xiras
  • David Dickey – baixo, coros (1972–1980)
  • David Atwood – batería, percusión (1972–1973)
  • Willie Leacox – batería, percusión (1973–2014)
  • Calvin "Fuzzy" Samuels – baixo (1975; substitute for Dickey)
  • Jim Calire – teclado, saxofón (1976–1979)
  • Tom Walsh – percusión (1976–1979)
  • Michael Woods – guitarra, teclado, coros (1977–2014)
  • Bryan Garofalo – baixo (1980–1981)
  • Bradley Palmer – baixo, coros (1981–2003)
  • Trent Stroh – baixo, coros (2003)
  • Chas Frichtell – baixo, coros (2003)

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]