Amdusias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación de Amduscias no Dictionnaire Infernal de Collin de Plancy (1863).

En demonoloxía, Amdusias (tamén Amduscias, Amdukias ou Ambduscias) é un demo que posúe trinta lexións baixo o seu mando (29 segundo outros autores)[1] e ten o título de Gran Duque. É representado coma un humano con garras en lugar de mans e pés, a cabeza dun unicornio e unha trompeta[2] para simbolizar a súa poderosa voz. De acordo con outras fontes, este demo é representado coma un unicornio que cambia a un home baixo a petición do conxurador[3].

Amdusias é asociado co trono e dise que a súa voz se oe durante as tormentas. Noutras fontes, está acompañado polo son de trompetas cando vén e daría concertos se se lle ordenase, pero mentres todo tipo de instrumentos musicais pode ser escoitado, non pode ser visto. Pode curvar as árbores a vontade[4].

É mencionado coma un Duque en Pseudomonarchia Daemonum de Johann Weyer (1583)

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

  • Amdusias aparece nos videoxogos Symphony of the Night, Curse of Darkness e Portrait of Ruin da franquía Castlevania. Aparece coma un home alto, vestido con armadura de cor azul e vermella; e posúe unha cabeza de cabalo. Nas poucas veces que é atopado, ataca con poderosos raios, choques eléctricos e turradas/golpes de puño. Os xogos tamén declaran que el é un dos mellores músicos do inferno.
  • Amduscian aparece como un dos xefes finais do evento "Chrono Seeker" en beatmania IIDX 22 PENDUAL na canción "Symmetry" de Nekomata Master. A súa aparencia é moi diferente a como se lle coñece, tomando a forma dunha nena vestida en roupas de lolita e pel con matices de sepia, e manexando unha sorte de vendaxes coas que "ataca" o avatar do xogador. Cando é "atacada", esta protéxese coas vendaxes.
  • Amduscias aparece nos videoxogos Final Fantasy IV, Final Fantasy IX e Final Fantasy XI coma un monstro. É representado coma un bailarín, un cabalo negro con ás de demo e un demo alado, respectivamente.
  • Ambdusias é o alcume do batería da banda peruana de death metal Mortem[5].
  • Amduscia, unha banda mexicana de aggrotech, deriva o seu nome de Amdusias[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anderson, Melissa E. (2006). LuLu Publishing, ed. Diary of Ancient Rites, A Guide For The Serious Practitioner. Morehead (Kentucky). p. 209. ISBN 1-4116-0728-7. 
  2. Ford, Michael W. (2011). Goetia of Shadwos. New York: Succubus Productions. p. 164. ISBN 978-1-257-86277-1. 
  3. Drury, Neville (2006). The Watkins dictionary of magic : 3000 entries on the magical traditions (ebook). London: Watkins. 
  4. D'Montford, Rev. D. S. (2013). Goetia - The Art of Working With Genii. Gold Coast (Australia): Happy Medium Publishing. p. 105. ISBN 978-1-291-95793-8. 
  5. "Bandas de Metal". The Metal Archivves. Consultado o 07-8-2017. 
  6. "Discografía de Amduscia". Discogs.com. Consultado o 07-08-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]