Ambulancia (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ambulancia
Título orixinalAmbulancia
Autor/aSuso de Toro
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNegra
Xénero(s)Novela negra
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.maio 1990
Formatoedición rústica cosida a fío
Páxinas120
ISBN84-7507-463-4
editar datos en Wikidata ]

Ambulancia é unha novela negra de Suso de Toro publicada en 1990 inicialmente na serie Negra de Xerais, e reeditada posteriormente na serie Narrativa.

Trama[editar | editar a fonte]

A obra narra as vivencias polo Ensanche de Santiago de Compostela de Petete e Pequeno, dous delincuentes de pouca monta, ao día seguinte de saíren do cárcere de Monterroso.

A acción comeza in medias res, cos personaxes fuxindo logo de atracaren unha gasolineira e deixar malferido ao empregado da mesma. Ao amencer, aparcan na rúa da Rosa tras roubaren uns croissants e unha bolsa de leite, e logo de almorzaren, quedan durmidos.

Petete vai a unha farmacia próxima a por analxésicos, pois ten unha forte dor nun pé. Ao volver ao coche ve ao que cre un policía falando con Pequeno, polo que decide escapar. Xa noutra rúa, cando a policía vai falar con el, foxe nunha moto. Na praza Roxa pide axuda a un contrabandista de tabaco co que traballara, pero este intenta enganalo para que o colla a policía. Petete escapa de novo e atópase con Pequeno, e cando os dous van escapar, teñen un altercado coa policía e son detidos de novo.

Narración[editar | editar a fonte]

A acción principal altérnase en prolepses e analepses con accións secundarias, como Petete traballando nunha barra americana (onde se atopa co policía que mancara) e o propio policía matando a ex-amante do contrabandista.

Ambientado en Santiago de Compostela, amosa a cultura urbana da mocidade galega desa época, onde a necesidade de adquirir heroína era motivo de delincuencia.

A narración é maioritariamente en terceira persoa, alternando coa narración en primeira persoa do dono da barra americana que lle deu traballo.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Ao castelán polo propio autor co título de Ambulancia publicado en 2002 por Ediciones B, Col. Ficcionario[1].
  • Ao grego por Konstantinos Palaiologos co título de Asthenoforo publicado en 2003 por Ekdoseis tou Eikostou Prōtou[2].
  • Ao checo por Petr Pomezny co título de Když se tahá revolver publicado en 2004 por Baronet[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha Arquivado 28 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  2. Ficha Arquivado 28 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  3. Toro, Suso de (2004). Suso de Toro: Když se tahá revolver (en checo). Baronet Publishers. ISBN 978-80-7214-650-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]