Ambrosio Garbisu
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1877 Bilbao, España |
| Morte | 24 de febreiro de 1965 Baiona, Francia |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | Izquierda Republicana |
Ambrosio Garbisu y Pérez, nado en Bilbao en 1877 e finado en Baiona (Francia) o 4 de febreiro de 1965,[1] foi un político vasco republicano.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro de Izquierda Republicana, liderou a formación azañista en Biscaia durante boa parte da Segunda República. Foi elixido concelleiro do concello de Bilbao, ocupando a primeira tenencia de alcaldía. Foi detido nos sucesos de setembro de 1934, cando ía camiño da Asemblea de Zumárraga que presidiu Indalecio Prieto.[4] En 1936 foi elixido como compromisario para a elección do presidente da República pola circunscrición da cidade de Bilbao.[5] Durante a Guerra Civil foi Comisario de Abastos de Biscaia en representación do Goberno de Euskadi. Exiliado en Francia, foi nomeado conselleiro sen carteira do Goberno Vasco no exilio desde 1952 até o seu falecemento, baixo a presidencia de José Antonio Aguirre e Jesús María de Leizaola.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jon Penche (21 de xaneiro de 2022). "Ambrosio Garbisu, un masón en el Gobierno vasco". Deia (en castelán).
- ↑ José Luis de la Granja Sainz (2010). "Los consejeros vascos del exilio. De la esperanza al desencanto: los gobiernos de Aguirre en Francia" (PDF). Bilbao (253): 29.
- ↑ "Ambrosio Garbisu". Auñamendi Eusko Entziklopedia.
- ↑ Fusi Aizpuría, Juan Pablo (1985). "Nacionalismo y revolución: Octubre de 1934 en el País Vasco". Octubre 1934. Cincuenta años para la reflexión. Siglo XXI de España editores. ISBN 84-323-0515-4.
- ↑ José Luis de la Granja Sainz (2009). Nacionalismo y II República en el País Vasco. Siglo XXI de España Editores. ISBN 9788432313097.