Saltar ao contido

Ambreína

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ambreína

Fórmula estrutural da ambreína
Identificadores
Número CAS 473-03-0
Propiedades
Fórmula molecular C30H52O
Masa molecular 428,74 g·mol−1
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A ambreína (termo de acordo co Vocabulario Científico Internacional), ou ambarina (forma aconsellada pola RAG),[1] é un alcohol triterpénico que é o principal constituínte do ámbar gris,[2] unha secreción do aparello dixestivo do cachalote.

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]

Ambreína

[editar | editar a fonte]

A forma ambreína, do VCI, procede da inglesa ambrein, que a formou coa raíz amber- de ambergris ("ámbar gris"), que é un calco do francés medieval ambre gris, e este derivado do latín ambra grisea, coa adición do sufixo -in (en galego -ina), que se usaba no século XIX para formar os nomes dos compostos orgánicos de fórmula química descoñecida, e que entrou no inglés en 1828.[3] (Actualmente -ina resérvase para fomar os nomes das aminas).

Ambarina está formada poa raíz ambar- (de "ámbar gris"), e o elemento -ina.

Propiedades e usos

[editar | editar a fonte]
Ambroxano
Ambrinol

Como afrodisíaco

[editar | editar a fonte]

Suxeriuse que a ambreína sería o posíbel compoñente activo que produciría os supostos efectos afrodisíacos do ámbar gris.[4]

O feito de que se demostrara que aumenta a actividade sexual nas ratas,[5] subministra un certo apoio ao seu uso tradicional como afrodisíaco.

Como fixadora de perfumes

[editar | editar a fonte]

A ambreína é capaz de fixar os aceites volátiles mediante evaporación lenta.[6] polo que foi utilizada como fixador de perfumes.[7]

A pesar de que ela mesma é inodora, é a precursora biolóxica dunha serie de derivados aromáticos, como o ambroxano e o ambrinol.

Por iso, historicamente, o principal uso comercial do ámbar gris foi a elaboración de pefumes, aínda que tamén se usou para fins medicinais e saborizantes.
Porén, debido a que é difícil lograr unha subministración consistente e fiábel de ámbar gris de alta calidade, a gran demanda deste e o seu elevado prezo, especialmente despois das restricións á caza do cachalote, a industria perfumista procurou o desenvolvemento de compostos substitutivos sintéticos, especialmente o ambroxano.

Como analxésico

[editar | editar a fonte]

Demostrouse que a ambreína actúa como analxésico.[8]

  1. ambarina, 2ª acep, no Dicionario da RAG.
  2. ámbar gis no Dicionario da RAG.
  3. ambrein no Merriam-Webster Dictionary.
  4. Sandroni, P. (outubro 2001). "Aphrodisiacs past and present: a historical review". Clinical Autonomic Research 11 (5): 303–307. PMID 11758796. doi:10.1007/BF02332975. 
  5. Taha, S. A.; Islam, M. W.; Ageel, A. M. (1995). "Effect of ambrein, a major constituent of ambergris, on masculine sexual behavior in rats". Archives Internationales de Pharmacodynamie et de Thérapie 329 (2): 283–94. PMID 8540767. 
  6. Philip Hoare (2010). Leviatán, o la ballena. Ático de los libros. ISBN 978-84-9378-094-4. 
  7. Ambrein en Römpp Lexikon Chemie onm line.
  8. Taha, S. A. (outubro 1992). "Studies on the mode of action of ambrein as a new antinociceptive compound". Japanese Journal of Pharmacology 60 (2): 67–71. PMID 1479744. doi:10.1254/jjp.60.67. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]