Amarillo (æməˈrɪlɵ) é unha cidade do oeste de Texas, Estados Unidos. No ano 2000 tiña unha poboación de 173.627, sendo a 14ª cidade máis habitada do estado. É a capital do condado de Potter.[1] Un cacho da cidade esténdese polo condado de Randall. Toda a área metropolitana de Amarillo ten unha poboación estimada de 236.113 habitantes esparexidos por catro condados.
Amarillo, orixinalmente chamado Oneida, está situado na rexión do Llano Estacado.[2] O ferrocarril provisto por Fort Worth and Denver Railway contribuíu ao crecemento da cidade como mercado de gando a finais do século XIX. Amarillo é o centro económico da panhandle de Texas,[3] e é economicamente importante para Novo México Oriental e a panhandle de Oklahoma.
En 1541 o conquistador español Francisco Coronado foi o primeiro europeo en chegar á rexión da actual Amarillo, pero non foi ata 1887 en que se funda a actual Amarillo. En 1918 descóbrese petróleo, comezando a prosperidade da cidade, coa instalación na cidade de compañías de petróleo e gas
Coñecida como a capital do petróleo dos Estados Unidos, é asemade un dos maiores produtores de helio. Tamén é importante a produción de carne de vaca, procedente das cabana da comarca.