Amancio Lavandeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Amancio Lavandeira
Nacemento1966
Lugar de nacementoSeavia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Amancio Lavandeira Suárez, nado en Seavia (Coristanco) en 1966, é un político galego de Terra Galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro técnico agrícola, é profesor en Fonteboa, onde imparte clases de tecnoloxía e cultivos. Nas eleccións municipais de 1991 formou parte da lista de Independientes Progresistas, encabezada por un exsocialista (Baustista Fernández) xunto con algúns nacionalistas, se ben o seu líder acabou integrándose no PPdeG no 1992. Nas eleccións municipais de 2007 foi candidato do Terra Galega á alcaldía de Coristanco e foi elixido concelleiro. Repetiu como candidato nas municipais de 2011[1] e volveu ser elixido concelleiro. Nas municipais de 2015 volveu ser o candidato de Terra Galega e foi elixido alcalde grazas a un pacto co PSdeG e BNG[2]. Porén, os abandonos do goberno dos socialistas e dos nacionalistas, xunto cunha edil do seu propio grupo, deixárono en minoría. Finalmente, en agosto de 2017 perdeu a alcaldía tras triunfar unha moción de censura encabezada polo ata entón edil socialista Abraham Gerpe (expulsado previamente por encabezar dita manobra), xunto cos 6 edís do PPdeG. Se ben presentou un recurso, aínda pendente de resolución, pedindo a nulidade do pleno da moción debido a que ó estar Gerpe expulsado do PSdeG, facía nulo o seu propio apoio á moción de censura, e por tanto esta non contaba coa maioría necesaria para saír adiante. Pero o presidente da mesa de idade da corporación (concelleiro do PPdeG), deu por válido un documento presentado por Gerpe no que se expoñía que non era válida a súa expulsión do partido, dándose por bo o seu voto.


Predecesor:
Antonio Pensado
 Escudo de Coristanco.svg
Alcalde de Coristanco
 
2015 - 2017
Sucesor:
Abraham Gerpe


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]