Saltar ao contido

Amálgama (gramática)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amálgama
 Instancia de
 Causado por
blending (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/05tm0 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A aglutinación[1] ou amálgama[2][3] (raramente emprégase tamén o galicismo mot-valise),[4] é un termo en lingüística que se refire a unha palabra ou morfema resultante da fusión de dúas palabras, normalmente unha perdendo a parte final e os outros perdendo a parte inicial (composición por aglutinación).

Por exemplo, é unha palabra formada por amálgama "augardente" que amalgama auga + ardente. Moitas veces estas palabras son neoloxismos.

  • A amálgama é o xeito de formar as formas conxugadas dos verbos.
Artigo principal: amálgama (conxugación).
  • A aglutinación difire da composición, outro proceso de formación de palabras, na medida en que a composición combina palabras completas sen modificar as súas formas, mentres que a aglutinación implica a perda de partes das palabras que se combinan. Confróntese tamén acrónimo.

Noutras linguas

[editar | editar a fonte]

Noutras linguas, a aglutinación é moito máis común. Por exemplo, no alemán, é frecuente a formación de palabras longas a través da aglutinación, como "Donaudampfschiffahrtsgesellschaft", que combina varias palabras para referirse a unha "compañía de navegación de vapores do Danubio".

Llanfair Pwllgwyngyll unha vila da illa de Anglesey, en Gales, foi chamada por motivos publicitarios Llanfair­pwllgwyngyll­gogery­chwyrn­drobwll­llan­tysilio­gogo­goch, facendo uso da amálgama.

Do mesmo xeito,Taumatawhakatangihangakoauauotamateaturipukakapikimaungahoronukupokaiwhenuakitanatahu é o topónimo maorí dun outeiro de Nova Zelandia, normalmente abreviado "Taumata". A tradución é: O cumio do outeiro, onde Tamatea, o home cos xeonllos grandes, coñecido como o comedor de terra, baixou, subiu e enguliu as montañas, mentres tocaba a frauta para a súa amada.

En galego hai amálgamas provenientes do inglés e doutras linguas, como bit - (binary + digit) ou Spanglish.

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2023-07-31.
  2. "amálgama". Dicionario Real Academia Galega. Consultado o 2023-07-31.
  3. "amálgama". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2023-07-31.
  4. C.R. (15/05/2006). "Os conceitos de siglonimização e “mot-valise”". Consultado o 10/05/2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]