Llanfair Pwllgwyngyll
| Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch (cy) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Reino Unido | |||
| País | Gales | |||
| Área principal | illa de Anglesey | |||
| Comunidade | Llanfair Pwllgwyngyll | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 3.107 | |||
| Xeografía | ||||
| Altitude | 38 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | LL61 | |||
| Prefixo telefónico | 01248 | |||
| Sitio web | llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch.co.uk | |||
Llanfair Pwllgwyngyll[1] ou por motivos publicitarios Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch (
pronunciación (axuda · info) [ɬanˌvairpuɬˈɡwɨ̞nɡɨ̞ɬ]), é unha vila da illa de Anglesey, en Gales. Atópase no Estreito de Menai, e a ponte Britannia comunícao coa cidade de Bangor, na outra beira do estreito.
Esta localidade tamén é coñecida cos nomes alternativos de Llanfairpwll ou Llanfair PG, que o distinguen doutros lugares de Gales que tamén comezan por Llanfair.
Topónimo
[editar | editar a fonte]O nome da localidade non pode ser considerado un topónimo auténtico en lingua galesa. Foi xerado artificialmente na década de 1860, para outorgar á estación local a honra de ter inscrito o maior nome do Reino Unido, constituíndo un dos golpes publicitarios mais antigos.
Gorsafawddacha'idraigodanheddogleddollônpenrhynareurdraethceredigion (68 letras), era o nome doutra estación de tren, nomeada para rivalizar co nome desta localidade.
O nome significa "Igrexa de Santa María no val da abeleira branca próximo a un remuíño rápido e da Igrexa de San Tisilio da gruta vermella".
A súa variante oficial de Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch consta como o topónimo máis longo do Reino Unido e o terceiro máis longo do mundo.
Nos sinais das estradas, a localidade encóntrase sinalada como Llanfairpwllgwyngyll. Nos mapas, encontra-se como Llanfair Pwllgwyngyll e os seus habitantes chámana Llanfairpwll ou soamente Llanfair.
Na localidade existe un club de fútbol de nome Clwb Pêl Droed Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch Football Club.[2]
Galería
[editar | editar a fonte]- Imaxes de Llanfair
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lleoedd Safonol Cymru". Comisiynydd y Gymraeg.
- ↑ sitecuriosidades.com, ed. (15 de xuño de 2014). "Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2022. Consultado o 12 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Llanfair Pwllgwyngyll |
| A Galipedia ten un portal sobre: Gales |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |

