Alvalade, Lisboa
Alvalade (pt) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Lisboa | ||||
Cidade grande | Lisboa | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Xeografía | |||||
Superficie | 5,34 km² | ||||
Altitude | 88 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Santa Joana, Princesa de Portugal (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | jf-alvalade.pt |
Alvalade é unha freguesía portuguesa do concello de Lisboa. Nela localízase a sede principal da Universidade de Lisboa. No ano 2021 contaba con 33 309 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 6 237,6 hab./km².
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situada a unha altitude media de 88 msnm, a freguesía ocupa unha pequena extensión, apenas 5,34 km².
Historia
[editar | editar a fonte]O nome de Alvalade parece ter orixe no nome árabe Al Balade, que significa "lugar habitado e amurallado". Aí tivo lugar, arredor de 1321, a batalla de Alvalade, entre Dinís e o futuro Afonso IV.
Esta freguesía foi creada en 1959 pola escisión da freguesía de Campo Grande, cunha área total de 0,58 km² e 9 620 habitantes (2001). Tras a reorganización de freguesías de 2012, a freguesía de Alvalade absorbeu as de Campo Grande e São João de Brito.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Entrada á estación "Roma" do metro de Lisboa.
-
Cantina da "Universidade Velha".
-
Escudo de Alvalade.
-
Freguesías existentes no territorio actual antes de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alvalade, Lisboa |