Belém, Lisboa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBelém, Lisboa
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°42′N 9°12′O / 38.7, -9.2Coordenadas: 38°42′N 9°12′O / 38.7, -9.2
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Lisboa
Cidade grandeLisboa Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Xeografía
Superficie10,43 km² Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación8 de novembro de 2012 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Páxina webjf-belem.pt Editar o valor em Wikidata

Belém é unha freguesía portuguesa do concello de Lisboa, pertencente á zona occidental da capital, con 10,43 km² de área[1] e 16 546 habitantes (segundo o censo de 2021)[2]. A súa densidade de poboación é de 1 586,39 hab./km².

Belém está ligada á Era dos descubrimentos, cando Manuel I de Portugal subiu ao trono en 1495. Ten a súa sede na antiga freguesía de Santa Maria de Belém. Hoxe en día, Belém contén varios espazos verdes con museos, parques e xardíns, sendo unha das zonas máis turísticas de Portugal.

Historia[editar | editar a fonte]

Belém foi concello autónomo entre 1852 e 1885, cando foi incorporado a Lisboa. Esta constituído polas seguintes freguesías: Ajuda, Benfica, Carnide, Belém, Odivelas, Alcântara extra-muros, Santa Isabel extra-muros e São Sebastião da Pedreira extra muros. Tiña 63 km² e 27 635 habitantes en 1864 e 30 747 en 1878.

A nova freguesía de Belém foi creada no ámbito da reorganización administrativa de Lisboa de 2012,[3] que entrou en vigor após as eleccións autárquicas de 2013, resultando na agregación da antiga freguesía de Santa Maria de Belém con case a totalidade do territorio da antiga freguesía de São Francisco Xavier, esta última despois de axustes nos límites coa veciña freguesía de Ajuda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Instituto Geográfico Português (2013). "Áreas das freguesias, municípios e distritos/ilhas da CAOP 2013. Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versión 2013". Direção-Geral do Território. Arquivado dende o orixinal (XLS-ZIP) o 09 de decembro de 2013. Consultado o 28 de novembro de 2013. 
  2. Instituto Nacional de Estatística (23 de novembro de 2022). "Censos 2021 - resultados definitivos". 
  3. Lei n.º 56/2012, de 8 de novembro: Reorganização administrativa de Lisboa. Diário da República, 1.ª Série, n.º 216, de 08/11/2012. Data de acceso: 29/12/2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]