Alpheus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alpheus é un xénero de crustáceos malacostráceos decápodos carideos, o tipo da familia dos alfeidos.

Como nas outras especies da familia, as pinzas son asimétricas, cunha delas máis desenvolvidas o que fai que, cando se pechan, producen un tipico estoupido.[2]

Algunhas especies do xénero establecen relacións simbióticas con peixes da familia dos gobíidos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi establecido en 1798 por J. C. Fabricius na súa obra Entomologia Systematica emendata et aucta, secundum classes, ordines, genera, species adjectis synonimis locis observationibus descriptionibus. Hafniae, Tom. II. Supplementum Entomologiae Systematicae, editada en Copenhaguen, describindo a especie Alpheus avarus Fabricius, 1798 como a "tipo" do xénero.[3]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Na bibliografía aparecen os seguintes xéneros, que son considerados como sinónimos de Alpheus:[3]

  • Alpheoides Paul'son, 1875
  • Asphalius Roux, 1831
  • Autonomaea Risso, 1816
  • Crangon Weber, 1795
  • Cyptophthalmus Rafinesque, 1814
  • Dienecia Westwood, 1835
  • Halopsyche de Saussure, 1857
  • Nauplius Risso, 1844
  • Paralpheus Spence Bate, 1888
  • Phleusa Nardo, 1847
  • Thunor Armstrong, 1949

Especies[editar | editar a fonte]

O xénero comprende máis de 250 especies,[4] o que fai del un dos máis ricos en especies de camaróns,[5] aínda que o SIIT reduce a 81 o número de especies recoñecidas.[1]

Entre outras, inclúe as seguintes:[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Alpheus Fabricius, 1798 no ITIS
  2. "Labrador Park". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 Alpheus Fabricius, 1798 no WoRMS.
  4. Won Kim & Lawrence G. Abele (1988). "The snapping shrimp genus Alpheus from the eastern Pacific (Decapoda: Caridea: Alpheidae)" (PDF). Smithsonian Contributions to Zoology 454: 1–119. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de marzo de 2012. Consultado o 25 de outubro de 2013. 
  5. N. Knowlton & D. K. Mills (1992). "The systematic importance of color and color pattern: evidences for complexes of sibling species of snapping shrimp (Caridea: Alpheidae: Alpheus) from the Caribbean and Pacific coasts of Panama". Proceedings of the San Diego Society of Natural History 18: 1–5. 
  6. Sammy De Grave & Michael Türkay (2010). "Alpheus Fabricius, J.C., 1798". World Register of Marine Species WoRMS. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]