Alpes do Sur
| (en) Southern Alps (mi) Kā Tiritiri o te Moana | ||||
| Tipo | cordilleira | |||
|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | Illa Sur, Nova Zelandia | |||
| Localizado na área protexida | Aoraki / Mount Cook National Park (en) | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Mackenzie District, Nova Zelandia (en) | |||
| ||||
| Características | ||||
| Altitude | 3.754 m | |||
| Dimensións | 500 ( | |||
| Punto máis alto | Monte Cook (pt) | |||
| Historia | ||||
| Período | Eoceno | |||
Os Alpes do Sur son unha gran cordilleira da rexión oeste da Illa Sur, Nova Zelandia, que forman unha espiña en dirección norte-sur que divide a illa en dous lados.[1] Nos Alpes do Sur localízase o monte Cook, punto máis alto do país.
A cordilleira recibiu o nome en 1770 polo capitán James Cook, mais xa chamara a atención de Abel Tasman en 1642.
Características
[editar | editar a fonte]Os Alpes do Sur posúen 450 km de lonxitude en dirección norte-sur. O punto máis alto, o monte Cook, posúe 3754 metros de altura, mentres outros 16 lugares superan os 3000 metros de altitude. A rexión tamén está constituída por grandes glaciares e lagos.
A localización dos Alpes permite que a rexión teña un clima extremamente agradable. A localidade de Omarama, no sopé das montañas, recibiu reputación internacional debido ao seu clima, provocado polo vento Föhn.
Fauna e flora
[editar | editar a fonte]Os animais máis habituais na rexión son as aves Xenicus gilviventris e o kea. Tamén existen algúns insectos adaptados ao clima frío e a Apteryx haastii.
A pesar das condicións climáticas, os Alpes son ricos en flora alpina. Preta do 25% das plantas neozelandesas habitan esta rexión. As plantas adaptadas a ese clima rigoroso son dos xéneros Hebe, Dracophyllum, Coprosma, Podocarpus nivalis e Carex.
Áreas protexidas
[editar | editar a fonte]
Os Alpes do Sur son practicamente inaccesíbeis e polo tanto conservan a súa vexetación orixinal. Con todo, os Alpes están protexidos por varios parques nacionais como:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alpes do Sul" (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alpes do Sur |
