Alonso de Salazar
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Toribio Alonso de Salazar século XV Enkarterri |
| Morte | 5 de setembro de 1526 océano Pacífico |
| Causa da morte | Escorbuto |
| Actividade | |
| Ocupación | explorador, navegante |
| Participou en | |
| 24 de xullo de 1525 | Expedición de García Jofre de Loaysa |
Toribio Alonso de Salazar (Enkarterri, Biscaia, século XV – nalgures no Pacífico, 5 de setembro de 1526) foi un explorador español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o primeiro europeo en identificar as Illas Marshall, o 21 de agosto de 1526, aínda que non se ten constancia de que atracaran. Salazar estaba ao mando da nave Santa María de la Victoria. Crese que tamén avistou o atol Bokak. O seu barco era o derradeiro que quedaba da expedición de García Jofre de Loaisa, que tentou ampliar a circunnavegación do globo que realizara había pouco Fernão de Magalhães.