Saltar ao contido

Allobates niputidea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Allobates niputidea
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Aromobatidae
Xénero: Allobates
Especie: Allobates niputidea
Grant, Acosta-Galvis Rada 2007[1]

Allobates niputidea[2][3][4] é unha especie de anfibio anuro da familia Aromobatidae.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

A especie é endémica do Magdalena Medio en Colombia. Habita entre os 70 e 320 m de altitude nos departamentos de Boyacá, Santander, Caldas e Antioquia e o concello de Yacopí.[5][6]

Pode ser atopada en bosques con dosel arbóreo de menos de 20 m de altura. É observada principalmente entre setembro e novembro. De hábitos diúrnos, é máis activa durante a mañá. O chamado dos machos pode ser ouvido a través dos detritos vexetais no solo. Os adultos son normalmente observados preto de cursos de auga permanentes, mentres que os xuvenís son atopados en pozas illadas no interior dos bosques.[1]

  1. 1,0 1,1 Grant, Taran; Andrés Acosta e Marco Rada (2007). "A name for the species of Allobates (Anura: Dendrobatoidea:Aromobatidae) from the Magdalena Valley of Colombia". Copeia 2007 (4): 844–854. doi:10.1643/0045-8511(2007)7[844:ANFTSO]2.0.CO;2. 
  2. Catalogue of Life : Allobates niputidea Grant, Acosta-Galvis & Rada, 2007 Arquivado 27 de setembro de 2018 en Wayback Machine. Consultado o 14 de setembro de 2018
  3. Animal Diversity Web : Allobates niputidea especie de anfibio anuro Consultado o 14 de setembro de 2018
  4. ITIS : Allobates niputidea especie de anfibio anuro Consultado o 14 de setembro de 2018
  5. AmphibiaWeb : Allobates niputidea Grant, Acosta-Galvis & Rada, 2007 Consultado o 14 de setembro de 2018
  6. Amphibian Species of the World: Allobates niputidea Grant, Acosta-Galvis & Rada, 2007 Consultado o 14 de setembro de 2018