Alireza Panahian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alireza Panahian
Hojjat al-Eslam panahian.jpg
Nacemento1965
 Teherán
NacionalidadeIrán
RelixiónXiísmo
OcupaciónAkhoond
Coñecido/a porsen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Alireza Panahian (tamén coñecido como Alí-Reza Panahian) é un clérigo xiíta iraniano influente e oficial. El é un ḥujjatu l-Islām (en lingua árabe حجة الإسلام), é dicir, posúe un título honorífico que significa "autoridade sobre o islam" ou "proba do islam". Tamén é xefe do grupo "think tank for universities" formado polo líder supremo Ali Khamenei.[1] En febreiro de 2011 estaba entre os setenta oficiais de alto rango da República Islámica que crearon unha organización chamada "`Ammar`" ou "Cuarteis Ammar", que pediron o xuízo e a execución dos antigos candidatos presidenciais e líderes das protestas do Movemento Verde Iraniano Mir-Hossein Mousavi e Mehdi Karroubi.[2][3]

Raja News enumeronouno como un dos "alumnos, confidentes e compañeiros políticos" achegado ao líder conservador Aiatolá Mohammad-Taqi Mesbah-Yazdi.[4]

Panahian tamén dirixiu o "Seminario da Unidade Islámica" de 2010, en Lahore, Paquistán sobre o carácter do profeta Mahoma e a unidade islámica.[5]

Notas[editar | editar a fonte]