Alikovo
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
| Элĕк (cv) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Rusia | |||
| República | República dos Chuvaxos | |||
| Distrito municipal | Raïon Alikovskij (pt) | |||
| Asentamento rural | Alikovskoye Rural Settlement (en) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 897 (1959) | |||
| Lingua oficial | Lingua chuvash lingua rusa | |||
| Xeografía | ||||
| Altitude | 171 m | |||
| Creación | 1486 | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 429260 | |||
| Fuso horario | ||||
| Identificador OKTMO | 97605405101 | |||
| Identificador OKATO | 97205805001 | |||
| Sitio web | gov.cap.ru… | |||
Alikovo (en ruso: Аликово; en chuvaxo: Элĕк, Ėlek) é unha localidade rural (segundo a división administrativa rusa, un selo), que ademais é o centro administrativo do distrito de Alikovo, situado na República dos Chuvaxos, Rusia, que se atopa a 67 quilómetros ó sur de Cheboksary.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O río Abašyrma discorre preto de Alikovo e a aldea máis próxima é Siner.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima do poboado é continental, con invernos fríos e longos e veráns cálidos. A temperatura media en xaneiro é de -12,9 °C; a temperatura media en xullo é 18,3 °C. A temperatura mínima rexistrada foi de -44 °C e a máxima de 37 °C. As precipitacións anuais medias son de 552 milímetros.
Infraestruturas
[editar | editar a fonte]
A maioría dos 2 500 habitantes desta localidade son de etnia chuvaxa. As infraestruturas do poboado inclúen un centro cultural, un teatro, unha biblioteca, clínicas médicas e varias tendas. Tamén hai unha oficina de correos, un estadio, un restaurante e cafés, e varias gasolineiras. O mercado abre os xoves. Ha dous parques, o parque central e outro adicado a Andriyan Nikolayev.
Educación
[editar | editar a fonte]Centros educativos que se atopan en Alikovo constan dunha escola media e dunha escola de música.
Cultura
[editar | editar a fonte]Os recursos culturais inclúen un museo, un teatro, unha orquestra de veteranos, unha banda de música escolar e un coro. No verán celébrase o festival Internacional Chuvaxo Vir'yal shevlisem (en galego, filloas de Vir'yal).
Economía
[editar | editar a fonte]A economía de Alikovo está representada por oficinas de bancos e de compañías de seguros, oficinas de compañías de telecomunicacións e compañías de construción.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- L. A. Yefimov, Элĕк Енĕ (en galego, Distrito Alikovsky), Alikovo, 1994. (en ruso)
- Yefimov L.A., Yefimov E.L., Ananyev A.A., Terentyev G.K, Аликовская энциклопедия (en galego, Enciclopedia do Distrito Alikovsky), Cheboksary, 2009, ISBN 978-5-7670-1630-3. (en ruso)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en ruso)
