Saltar ao contido

Lingua chuvaxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua chuvaxa
Чăваш чĕлхи Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Composto por
 Nome orixinal
Чăваш чĕлхи (cv) Editar o valor en Wikidata
 Alfabeto
Propiedades
 Número de falantes
738070 (2024)
1279650 (2021)
1000000 Editar o valor en Wikidata
 Alfabeto
 Institución de normalización
 Tipoloxía lingüística
 Caso gramatical
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo
Clasificación lingüística
Localización
 Situado en
 Orixinario de
Cronoloxía
 Precedido por
Identificadores
Freebase/m/038h82 Editar o valor en Wikidata
ISO 639-1cv Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2chv Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3chv Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5chv Editar o valor en Wikidata
IETFcv Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A lingua chuvaxa[1] (Чӑвашла, Căvašla; tɕəʋaʂˈla)[2] é unha lingua turca falada polo pobo chuvaxo no centro de Rusia, concretamente na República dos Chuvaxos e nas áreas adxacentes. É o único membro supervivente da póla ogúrica da familia turca. Mentres que as linguas turcas teñen diferentes graos de intelixibilidade, o chuvaxo é considerablemente diferente das outras linguas da familia.

O sistema de escrita baséase no alfabeto cirílico, empregando tódalas letras do alfabeto ruso, ademais de catro letras máis: Ӑ, Ӗ, Ҫ e Ӳ.

A lingua sofre un rápido proceso de substitución.[3] O chuvaxo está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[4]

  1. Definición de chuvaxo, -xa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. tamén coñecida como Chăvash, Chuwash, Chovash, Chavash, Çuvaş ou Çuaş
  3. Alòs i Font, Hèctor (2013). Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, ed. "O chuvaso en Chuvasia: exemplo de regresión das linguas medianas en Rusia" (PDF). A letra miúda (3): 1–28. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2019. Consultado o 9.5.2015. 
  4. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]