Alice H. Parker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alice H. Parker
Nacemento1895
 Morristown
Falecemento1920
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Howard
Ocupacióninventora
editar datos en Wikidata ]

Alice H. Parker, nada en Morristown, Nova Jersey, en 1895, foi unha inventora afroamericana coñecida pola súa contribución da calefacción de caldeira. Inventou unha caldeira que proporcionaba calefacción central para edificios e casas enteiros, que foi patentada o 23 de decembro de 1919.[1]

A súa caldeira era diferente doutros fornos daquel momento e supuxo un grande avance por ser máis seguro que queimar leña xa que axudaba a que non se tivese que almacenar e queimar madeira nun forno tradicional. O deseño tiña condutos de aire que permitían á calor esparexerse por toda a estrutura. A invención de Parker incluía un sistema de queimado múltiple e usaba gas natural.[2][3] O que fixo esta caldeira única foi ser precursora da calefacción por zonas, onde a temperatura podía ser axustada en diferentes áreas dun edificio.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Parker foi estudante na Howard University Academy, un instituto de Washington D.C. e gaduouse con honras en 1910.[5]

Patente[editar | editar a fonte]

A patente de Alice para a caldeira foi presentada en 1919, antes do Movemento de Dereitos Civís e do movemento de liberación das mulleres[6] nos EE.UU. o cal é en si extraordinario polo feito de pertencer ao colectivo de mulleres e ao das persoas negras, especialmente nun momento no que ambos se enfrontaban a máis discriminacións e particularmente debido á interseccionalidade.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "[Women’s History Month] Meet Alice H. Parker, inventor of gas heating furnace" (en inglés). 7 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2019. 
  2. Hatala, Greg (17 de febreiro de 2014). "Glimpse of History: Morristown resident's invention keeps us warm to this day". Consultado o 30 de maio de 2018. 
  3. "Heating Furnace". 23 de decembro de 1919. Consultado o 30 de maio de 2013. 
  4. Barth, Linda J. (25 de xuño de 2018). New Jersey Originals: Technological Marvels, Odd Inventions, Trailblazing Characters & More. Arcadia Publishing. p. 131. ISBN 978-1-4671-3926-7. 
  5. "Parker, Alice H. (1895-  ?) - The Black Past: Remembered and Reclaimed". Consultado o 25 de abril de 2018. 
  6. "Alice H. Parker – Forging the Foundation of HVAC | EGIA Foundation" (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  7. Weber, Erika (1 de abril de 2018). "Alice H. Parker (1895-?) • BlackPast" (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.