Alfredo Rebollar Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfredo Rebollar Martínez
Biografía
Nacementoc. 1898 Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xullo de 1995 Editar o valor em Wikidata (96/97 anos)
Serantes, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ortigueira
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1936 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Alfredo Rebollar Martínez, finado en Serantes (Ferrol) o 30 de xullo de 1995[1], foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militou nas Irmandades da Fala e durante a Segunda República Española afiliouse a Izquierda Republicana. Participou no mitin de Mera en novembro de 1935 que abriu a campaña electoral do Partido Galeguista, xunto con Castelao, Vilar Ponte e Suárez Picallo. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Ortigueira en marzo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 21 de xullo por Lobo Navascués, tenente da Garda Civil, e encarcerado. Finou en Serantes con 97 anos.


Predecesor:
Jesús Fojo Díaz
 
Alcalde de Ortigueira
 
1936
Sucesor:
Gonzalo Prieto Cao

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Era irmán de Carmen Rebollar Martínez, quen casou en 1929 con Victoriano Taibo. Casou con Isabel Romero Leira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-8-1995, p. 35.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rosende, Anxel M. (1988). Do Castro, ed. O agrarismo na comarca do Ortegal (1893/1936). Sada. ISBN 84-7492-399-9.