Alfredo Llano García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de marzo de 1955 (69 anos) A Fonsagrada, España |
Alcalde de Burela | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Alfredo Llano García, nado na Fonsagrada o 9 de marzo de 1955, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É profesor de Secundaria. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Burela e foi elixido alcalde co apoio do BNG. En 2011 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG. En outubro de 2012 pasou a ser deputado provincial como respresentante do PSdeG-PSOE polo partido xudicial de Mondoñedo, asumindo en xaneiro de 2013 a área de Emprego. Nas municipais de 2015 volveu encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Burela e recuperou a alcaldía con maioría absoluta. Nas municipais de 2019 revalidou novamente a alcaldía, pero nesta ocasión con maioría simple e gobernando en minoría. Renunciou a presentarse á reelección en 2023, polo que foi substituído pola súa compañeira Carmela López Moreno á fronte da alcaldía.
Predecesor: José María González Barcia |
Alcalde de Burela 2007 - 2011 |
Sucesor: José María González Barcia |
Predecesor: José María González Barcia |
Alcalde de Burela 2015 - 2023 |
Sucesor: Carmela López Moreno |