José María González Barcia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1956 Burela, España |
| 2011 – 2015 ← Alfredo Llano García – Alfredo Llano García → | |
| 2005 – 2007 ← Manuel Mon Rouco – Alfredo Llano García → | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Burela |
| Ocupación | político |
| Partido político | Partido Popular |
| Membro de | |
José María González Barcia, nado en Burela en 1956, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1991 encabezou a candidatura do PPdeG en Cervo e foi o portavoz deste grupo na oposición. Trala segregación de Burela en decembro de 1994 pasou a ser vogal na comisión xestora do novo concello. Formou parte da candidatura do PPdeG en Burela en 1995 e foi elixido concelleiro, asumindo responsabilidades de goberno baixo o mandato do alcalde Manuel Mon Rouco. O PPdeG revalidaría o goberno en 1999 e 2003, polo que continuou formando parte do goberno local. Trala dimisión de Manuel Mon Rouco o 8 de marzo de 2005[1] foi elixido novo alcalde na súa substitución.
Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG e perdeu a maioría absoluta, polo que cedeu a alcaldía tras un pacto entre PSdeG e BNG. Nas eleccións municipais de 2011 recuperou a alcaldía tras lograla maioría absoluta. Nas municipais de 2015 volveu perdela alcaldía tras logralo PSdeG-PSOE a vitoria con maioría absoluta.
| Predecesor: Manuel Mon Rouco |
Alcalde de Burela 2005 - 2007 |
Sucesor: Alfredo Llano García |
| Predecesor: Alfredo Llano García |
Alcalde de Burela 2011 - 2015 |
Sucesor: Alfredo Llano García |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El popular Manuel Mon deja la alcaldía de Burela alegando razones de tipo personal" Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 9 de marzo de 2005.