Alexander Tettey
Alexander Tettey | |||
---|---|---|---|
![]() Tettey xogando co Rosenborg en 2007 | |||
Información persoal | |||
Nome | Alexander Banor Tettey[1] | ||
Nacemento | 4 de marzo de 1986 | ||
Lugar de nacemento | Accra | ||
Altura | 1.81 m. | ||
Posición | centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Norwich City | ||
Carreira xuvenil | |||
1999–2002 | Bodø/Glimt | ||
2002–2003 | Kolstad | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2003–2009 | Rosenborg | 89 | (12) |
2005 | → Skeid (cedido) | 5 | (2) |
2009–2012 | Rennes | 60 | (2) |
2012– | Norwich City | 118 | (5) |
Selección nacional | |||
2004 | Noruega sub-18 | 7 | (0) |
2005 | Noruega sub-19 | 8 | (0) |
2006–2008 | Noruega sub-21 | 14 | (0) |
2007– | Noruega | 32 | (3) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 25 de setembro de 2016 Selección: actualizado a 25 de setembro de 2016[ editar datos en Wikidata ] | |||
Alexander Banor Tettey, nado en Accra o 4 de abril de 1986 é un futbolista noruegués que xoga como centrocampista no Norwich City e na selección nacional norueguesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tettey naceu en Ghana mais estableceuse coa súa familia en Bodø en 1999. Máis tarde asentouse en Trondheim, e comezou a xogar ao fútbol no Kolsta para pasar despois ás seccións xuvenís do Rosenborg e debutou co primeiro equipo nun amigable contra o GIF Sundsvall en xaneiro de 2003, e xa en setembro de 2003 era titular no primeiro equipo, converténdose no xogador máis novo da historia do Rosenborg desde Ola By Rise, Knut Torbjørn Eggen e Øivind Husby en 1977.[2]
Rosenborg[editar | editar a fonte]
Ao primeiro no Rosenborg xogaba como centrocampista central, mais baixo Knut Tørum en 2007 converteuse en centrocampista defensivo. Na tempada 2008 Tettey foi vicecapitán e con Roar Strand alternouse como capitán.[3]
Rennes[editar | editar a fonte]
O 31 de xullo de 2009 firmou por catro anos co Rennes e ao pouco debutou co club pero nese primeiro partido sufriu unha lesión, que arrastrou ao longo da súa permanencia no equipo, non obstante xogou 60 partido co Rennes.[4] O 9 de xaneiro de 2011, Tettey anotou o seu primeiro gol na rolda 64 da Copa de Francia.
Norwich City[editar | editar a fonte]
O 25 de agosto de 2012 fichou polo Norwich City da Premier League por dous anos.[5] Puntuou no seu debut, o único gol na vitoria 1 a 0 contra o Doncaster Rovers o 26 de setembro na League Cup.[6] Debutou na liga tres días despois, substituíndo a Steve Morison no minuto 79 nunha derrota por 5 a 2 contra o Liverpool.[7] Xogou o seu primeiro partido como titular o 6 outubro contra o Chelsea, mais non puido evitar unha derrota 4 a 1.[8] Converteuse nun xogador regular do equipo ata que se mancou en febreiro e estivo que estar fóra dos terreos de xogo un tempo.[9] Regresou o 30 de marzo, substituíndo a Jonny Howson no minuto 85 nunha derrota 1 a 0 contra o Wigan Athletic.[10] Xogou no partido final da tempada o 19 de maio, no que o Norwich logrou derrotar ao Manchester City por 3 a 2 no seu estadio, o que supuxo a segunda derrota na casa do Manchester nos últimos 48 encontros e a segunda posición máis alta acadada polo Norwich tras a terceira posición de 1992-1993 .[11]
Tras unha operación cirúrxica en novembro de 2013 permaneceu arredado dos campos un par de meses. O 22 de marzo de 2014 marcou o seu primeiro gol para o Norwich contra o Sunderland nunha vitoria 2 a 0, no que se describiu como un dos goles da tempada.[12]
Carreira internacional[editar | editar a fonte]
Tettey é un noruegués naturalizado e convocárono para as seleccións sub-18, 19, 21 e a selección absoluta norueguesa.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "A. Tettey". soccerway.com.
- ↑ "Alexander Tettey". rbkweb.no.
- ↑ (Norwegian) Profile: 10 Alexander Tettey, tv2.no.
- ↑ Tettey: – Nå er jeg veldig oppgitt, VG.no. 1 de setembro de 2010
- ↑ "Norwich City sign Alexander Tettey from Rennes" BBC Sport. 25 de agosto de 2012.
- ↑ "Norwich 1–0 Doncaster" BBC Sport. 26 de setembro de 2012.
- ↑ "Norwich 2–5 Liverpool" BBC Sport. 29 September 2012.
- ↑ "Chelsea 4–1 Norwich" BBC Sport. 6 de outubro de 2012.
- ↑ "Norwich City's Alexander Tettey injury persists" BBC Sport. 7 de marzo de 2013.
- ↑ "Wigan 1–0 Norwich" BBC Sport. 30 de marzo de 2013.
- ↑ "Man City 2–3 Norwich" BBC Sport. 19 de maio de 2013.
- ↑ "Norwich City ease relegation worries at expense of Sunderland". The Guardian. 22 de marzo de 2014.