Saltar ao contido

Alex Olah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlex Olah
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Timișoara, Romanía Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Noroeste Editar o valor en Wikidata
Altura213 cm Editar o valor en Wikidata
Peso122 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2016 Editar o valor en Wikidata -
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Zorg en Zekerheid Leiden
2012–2016 Northwestern Wildcats men's basketball
Participou en
2017Campionato europeo de baloncesto de 2017 Editar o valor en Wikidata

Alexandru Lucian Olah, máis coñecido como Alex Olah, nado o 15 de outubro de 1993 en Timișoara, Condado de Timiș, é un xogador profesional de baloncesto internacional romanés. Formado na universidade de Northwestern, cunha altura de 2,13 m xoga na posición de pivote. Actualmente xoga para o Leite Río Breogán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Timișoara, no Condado de Timiș, Olah formouse na Universidade Northwestern, onde competiu cos Wildcats da Conferencia Big Ten da NCAA. En catro temporadas no baloncesto universtario estadounidense fixo unha media de 9,5 puntos, 5,1 rebotes, 1,4 asistencias e 1,5 tapones por xogo.[1] Após non ser elixido no Draft da NBA de 2016, xogou as Ligas de Verán da NBA cos New Orleans Pelicans, onde fixo unha media de 6,5 puntos e 2,5 rebotes nos catro xogos que disputou. No mes de xullo asinou o seu primeiro contrato profesional cos Belfius Mons-Hainaut da Pro Basketball League, a máxima categoría do baloncesto belga. Na súa única temporada no equipo fixo unha media de 10,7 puntos e 5,3 rebotes por encontro. En xullo de 2017 regresou ao seu país para asinar polo U-BT Cluj-Napoca, mais tan só xogou cinco encontros, onde fixo 5,5 puntos e 6,0 rebotes por xogo.​ En febreiro de 2018, fichou polo ZZ Leiden da Dutch Basketball League até final de temporada. Alí disputou 29 partidos onde fixo unha media de 7,4 puntos e 4,2 rebotes. Na temporada 2018−19 regresa a Bélxica onde xoga para o Kangoeroes Mechelen, onde fai unha media de 12,1 puntos e 6,8 rebotes en 38 xogos, cun acerto do 57,5% en tiros de campo e un 87,2% en tiros libres.[2] O 28 de agosto de 2019 anúnciase a súa incorporación ao Club Baloncesto Breogán, onde chega para suplir a Aleksandar Marcius tras non superar o recoñecemento médico do club lucense.

  1. "Alexandru Olah Stats". sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2020. Consultado o 28 de agosto de 2019. 
  2. "O Leite Río Breogán incorpora ao center Alex Olah". C.B. Breogán. 28 de agosto de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]