Aleksandr Bakulev
Aleksandr Bakulev | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 25 de novembro de 1890 |
Lugar de nacemento | sen etiquetar |
Falecemento | 31 de marzo de 1967 |
Lugar de falecemento | Moscova |
Soterrado | cemiterio Novodevichii |
Nacionalidade | Imperio Ruso e Unión Soviética |
Alma máter | Saratov State University e Imperial Nikolay University |
Ocupación | cirurxián e político |
Premios | Premio Stalin, Orde de Lenin, Heroe do Traballo Socialista, Orde da Estrela Vermella, Bandeira Vermella do Traballo, Premio Lenin, Honored Scientist of the RSFSR, Medalla da vitoria sobre Alemaña na gran guerra patriótica 1941-1945, Order of Saint Stanislaus, 3rd class, Orde de Lenin e Orde de Lenin |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Aleksandr Nikolayevich Bakulev, en ruso Александр Николаевич Бакулев, nado o 7 de decembro de 1890 e finado o 31 de marzo de 1967, foi un cirurxián soviético.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]
Nado nunha familia campesiña que pertencía ao antigo clan Vyatka dos Bakulevs, Bakulev rematou o ensino secundario e estudou na facultade de Medicina da Universidade de Saratov.
Guerras mundiais e entreguerras[editar | editar a fonte]
Durante a Primeira guerra mundial serviu como oficial médico da Fronte Occidental. En 1938 Bakulev realizou con éxito lobotomías durante o absceso pulmonar crónico. En 1939 gañou o grao académico de Profesor. Realizou lobotomías con éxito durante a actinomicose pulmonar tamén nese ano. En 1943 Bakulev asumiu a xefatura do 2º Instituto de Medicina Pirogov de Moscova. Na Fronte Oriental da Segunda guerra mundial foi o cirurxián xefe dos hospitais de evacuación de Moscova.
Na posguerra[editar | editar a fonte]
En 1948 foi pioneiro en realizar na Unión Soviética a operación para a cura da cardiopatía conxénita. Foi o primeiro en usar radiopacidade na cirurxía do ril durante o transplante de uréteres, realizou a primeira ablación de pulmón con éxito coa canal arterial aberta (1948).
De 1953 a 1960 Bakulev dirixiu a Academia Soviética de Ciencias Médicas. En 1955 suxeriu a fundación do Instituto de Cirurxía Torácica (agora Centro Científico de Cirurxía Cardiovascular Bakulev) do que foi o seu primeiro director.[1]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
En 1958 Bakulev foi elixido como membro da Academia Soviética de Ciencias. Bakulev recibiu a Orde de Lenin, a Orde da Bandeira Vermella do Traballo, a Orde da Estrela Vermella e foi doutor honoris causa da Universidade de Turín.
Notas
- ↑ "НМИЦ ССХ им. А.Н. Бакулева". bakulev.ru (en ruso). Consultado o 2023-09-12.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aleksandr Bakulev ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |