Alejo Pablo Mora García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlejo Pablo Mora García
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor em Wikidata
Santander, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xaneiro de 1948 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Xabariz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata

Alejo Pablo Mora García, nado en Santander cara a 1900 e finado en Xabariz (Cabanas) o 5 de xaneiro de 1948, foi un militar e axente infiltrado español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi tenente do Exército da República. Foi detido en setembro de 1937, procesado e condenado a reclusión perpetua. Saíu en liberdade condicional en febreiro de 1943, un mes antes da aprobación da conmutación da pena pola de 14 anos. A cambio de ser indultado púxose ao servizo da Garda civil, que o empregou para infiltarse na guerrilla antifranquista galega. Instalouse en Vigo colaborando na caída de catro guerrilleiros en maio de 1947. En outubro de 1947 presentouse ante Manuel Vázquez Rodríguez, obreiro dos estaleiros de ASTANO, que fora cabo na unidade que mandaba Mora, confiándolle que o estaba buscando a policía e que se quería unir á guerrilla. Como tapadeira, a Garda Civil fixo publicar unha requisitoria do Xulgado Militar de Santander no xornal La Voz de Galicia do 14 de outubro na que se afirmaba "Por sospechar pueda el interesado encontrarse en esta región".[1] Logo dunha entrevista co dirixente guerrilleiro Juan Pérez Dopico foi aceptado como membro do Destacamento Arturo Cortizas. Aínda que os compañeiros non tardaron en decatarse do dobre xogo de Mora, tivo tempo para informar á Garda Civil de puntos de apoio e informes dos guerrilleiros da Coruña e de obreiros de Astano. Foi executado por José Antonio Castro López na Cortiña de Ruibal de Xabariz o 5 de xaneiro de 1948. Unha muller que ía ao monte comunicou o achado á Garda Civil, e cando foron levantar o cadáver, o corpo estaba semienvolto nunha gabardina e tiña dous tiros na cabeza. Foi identificado e soterrado inicialmente no cemiterio da Capela.

A causa 43/1948, aberta pola súa morte, pechouse o 22 de maio coa entrega á familia dos restos de quen se cualificaba como «colaborador de las Fuerzas de la Guardia Civil de esta Comandancia». Grazas ás súas informacións foron detidos 28 enlaces da guerrilla que foron xulgados na Coruña na causa 40/1948 o 21 de outubro de 1948.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 14-10-1947, p. 2.
  2. El Correo Gallego, 22-10-1948, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]