Saltar ao contido

Alejandro Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlejandro Blanco

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Alejandro Blanco Bravo Editar o valor en Wikidata
9 de outubro de 1950 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Ourense Editar o valor en Wikidata
Presidente do Comité Olímpico Español
9 de setembro de 2005 
 José María Echevarría Arteche Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Valladolid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirixente deportivo, judoka Editar o valor en Wikidata
Deportejudo Editar o valor en Wikidata
Premios

Alejandro Blanco Bravo, nado en Ourense o 9 de outubro de 1950, é un antigo judoca e actual dirixente deportivo galego, presidente do Comité Olímpico Español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Física pola Universidade de Valladolid. Dende novo practicou o judo, tanto como deportista como como árbitro ou adestrador, e chegou a ser o propietario dun centro de adestramento deste deporte en Valladolid. Entre 1985 e 1993 foi presidente da Federación de Judo de Castela e León. En febreiro de 1993 foi elixido presidente da Federación Española de Judo e reelixido para o posto en tres ocasións máis ata 2005.

No ano 2000 é escollido presidente pola Federación Europea de Judo e o 29 de setembro de 2005 é escollido presidente do Comité Olímpico Español. Foi reelixido o 29 de abril de 2009 por un novo período de catro anos[1].

Durante a súa presidencia, o Comité Olímpico Español iniciou unha campaña para promover unha letra para o himno español, que finalmente non se levou a termo[2].

Predecesor:
José María Echevarría y Arteche
 presidente do COE 
2005-actualidade
Sucesor:
no cargo

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Está casado e ten dous fillos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]