Alcólicos Anónimos ou Alcohólicos Anónimos, ás veces represetando polas siglas AA, é unha asociación internacional de persoas que teñen como obxectivo superar o alcolismo. Para tal efecto estabelecen unha serie de metas que o enfermo debe seguir para superar a adición, coñecidas como os 12 chanzos . O seu funcionamento baséase nas terapias de grupo e mais na utilización da chamada psicoterapia ocupacional.
Os norteamericanosBill Wilson e Bob Smith foron os fundadores de Alcólicos Anónimos en 1935 en Akron, Ohio, actualmente a asociación está presente en 150 países e ten 2 000 000 de membros.