Saltar ao contido

Albóndega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albóndegas ao estilo sueco.
Prato de albóndegas chinesas.

Unha albóndega[1] e unha bóla de carne picada mesturada con ovos e diversos condimentos, tales como perexil, comiño etc. A albóndega é tan popular nas diferentes gastronomías e ten tantas receitas que resulta ser un hiperónimo acerca dun alimento.

A palabra albóndega é un termo procedente do árabe al-bunduqa = a bóla. Os árabes ensinaron aos europeos a preparar este guiso de bólas de carne. O historiador granadino Luis del Mármol documenta o termo na súa Descrición xeral de África (1573): "Venden fideos, almojábanas e albóndegas feitas de carne picada con especias e fritas en aceite".

Gastronomías do mundo

[editar | editar a fonte]
Unha variedade de albóndegas de carne e de peixe
Un detalle das albóndegas chinesas
  • No Brasil, as albóndegas chámanse “almôndegas” e sérvense xeralmente con espagueti.
  • Nos Estados Unidos, as albóndegas sérvense comunmente con espaguete como é o caso dos "spaghetti and meatballs", un prato fundamental na cociña americano-italiana. Neste caso, as albóndegas son xeralmente de gran tamaño.
  • Na China as albóndegas fanse de porco, e xeralmente cócense ao vapor ou férvense. Pódense comer crúas, ou con salsa de soia. As ditas albóndegas poden variar de tamaño e ser dende de cerca de 5 centímetros de diámetro a uns 10 centímetros. Hai un tipo de albóndegas de forma plana cocidas ao vapor que se denominan cabeza do león. As variedades máis pequenas utilízanse en sopas.
  • Na Indonesia, as albóndegas chámanse “bakso” e sérvense xeralmente nunha cunca xunto cunha sopa, ou cos tallaríns, con queixo de soia, ovos, “siomay”, ou carne fritida.
  • No Xapón consómense como un filete de hamburguesa cuxos ingredientes son moi similares ao "hanbāgu".
  • Albóndegas crúas (España)
    Na gastronomía de Albania existen albóndegas fritidas (Qofte të fërguara) que inclúen queixo feta.
  • En Alemaña (Hackbällchen) son moi coñecidos os Frikadelle típicos da cociña alemá, o nome provén de frittatella, que en italiano significa "frito".
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para albóndega.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]