Alberto Naveira Garabato
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (49/50 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Liverpool |
Actividade | |
Ocupación | oceanógrafo |
Lingua | Lingua castelá |
Alberto Naveira Garabato, nado na Coruña en 1974, é un oceanógrafo galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado pola Universidade de Southampton, en Física e Oceanografía, doutorouse en 1999 nesta última especialidade na Universidade de Liverpool cun traballo sobre a distribución de CO2 a través da corrente circumpolar antártica.
A partir ese ano e ata 2005 realiza o seu traballo como investigador na Escola de Ciencias do Medio Ambiente da Universidade de East Anglia, e en 2005 regresa a Southampton para incorporarse no Instituto de Ciencias da Terra e do Mar do Centro Oceanográfico do Reino Unido.
Os seus traballos céntranse particularmente no estudo das correntes mariñas a partir de modelos da física, na análise da circulación termohalina (o movemento das masas oceánicas e o seu arrefriamento e quecemento), e na súa influencia no cambio climático. Ten feito as súas pescudas fundamentalmente nas augas do océano Antártico, do océano Índico e do mar de Escocia.
Entre a máis dunha vintena de publicacións de Naveira Garabato destacan as máis importantes da oceanografía mundial, pero tamén Nature ou Science. En 2008 recibiu o premio ao mellor científico novo da Sociedade Europea de Ciencias da Terra.