Saltar ao contido

Alberto Martín Gamero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlberto Martín Gamero
Biografía
Nacemento5 de maio de 1915 Editar o valor en Wikidata
San Martín de Montalbán, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de decembro de 1990 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961
Procurador en Cortes
6 de marzo de 1956 – 2 de outubro de 1957
← Gumersindo García Fernández (en) TraducirFernando Pérez de Sevilla y Ayala →
Gobernador civil da provincia de Pontevedra
febreiro de 1956 – abril de 1956
← Elías Palao MartialayRafael Fernández Martínez →
Gobernador civil da provincia de Logroño
marzo de 1946 – febreiro de 1956 – Juan Mosso Goizueta (en) Traducir →
Q40897543 Traducir
novembro de 1944 – marzo de 1946 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnotario, político, militar Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarAlférez provisional Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española
segunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1357542

Alberto Martín Gamero, nado en San Martín de Montalbán (Toledo) o 5 de maio de 1915 e finado en Madrid o 11 de decembro de 1990, foi un notario e político falanxista español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Delegado do SEU na Facultade de Dereito de Madrid en 1935, Camisa vieja membro de Falange Española de las JONS,[1] estivo no interior do Alcázar de Toledo durante o asedio ao inicio da guerra civil.[2] Combateu no bando sublevado como alférez provisional.[2] Ao remate da guerra foi xefe provincial de FET y de las JONS de Toledo.[1] Durante a segunda guerra mundial, marchou como voluntario da División Azul á fronte oriental en 1941.[2] Volveu logo de seis meses condecorado coa Cruz de Ferro de segunda clase.[3]

Foi gobernador civil de Soria (novembro de 1944 a marzo de 1946) e de Logroño (marzo de 1946 a febreiro de 1956). A principios de febreiro de 1956 foi nomeado gobernador civil de Pontevedra.[4] A mediados dese mes de febreiro foi nomeado Delegado Nacional de Información de FET y de las JONS.[5] Permaneceu no cargo de gobernador civil de Pontevedra até principios de abril, cando foi substituído por Rafael Fernández Martínez.[6]

Foi procurador nas Cortes franquistas, como conselleiro nacional, entre 1956 e 1964.​ Desempeñou os cargos de inspector xeral económico-administrativo do Ministerio da Vivenda, secretario xeral técnico do Ministerio da Vivenda, inspector xeral do Ministerio da Vivenda e Inspector Nacional do Ministerio da Vivienda.

  1. 1,0 1,1 González Madrid 2006.
  2. 2,0 2,1 2,2 Vallet de Goytisolo 1991, p. 272.
  3. "El jefe provincial de la Falange de Toledo, camarada Martín Gamero, soldado de la División Azul, relata sus impresiones del frente". ABC (Madrid): 12. 20 de decembro de 1941. 
  4. El Pueblo Gallego, 3-2-1956, p. 1.
  5. La Noche, 18-2-1956, p. 5.
  6. El Pueblo Gallego, 10-4-1956, p. 1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]