Alberto Gende
Alberto Gende | |
---|---|
Nacemento | 1972 |
Lugar de nacemento | Carballo |
Falecemento | 9 de marzo de 2012 |
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alberto Gende Díaz, nado en Carballo en 1972 e finado o 9 de marzo de 2012, foi un pintor e deseñador gráfico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Artes Plásticas e Deseño na Coruña e dedicouse profesionalmente ao deseño gráfico campo no que produciu a imaxe de eventos da súa comarca, como o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) ou o Festival Sereas e Piratas, así como para campañas de promoción do galego ou comerciais. Comezou a expoñer pintura en 2005. As súas obras foron premiadas no X Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo (en 2007) e no IX Certame de Pintura Comarca do Sar, de Padrón, entre outros galardóns e exposicións colectivas. Entre as súas influencias el mesmo sinalaba a Robert Rauschenberg[1]. En 2012, unhas semanas antes do seu falecemento, inaugurou a súa primeira exposición individual, titulada Pinturas ocultas, na súa vila natal.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A motivación que teño na pintura é a busca, entrevista de Xurxo Chapela a Alberto Gende, Diario de Bergantiños
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Web persoal[Ligazón morta], que inclúe o catálogo dalgunhas obras.
- Mostra dalgúns dos seus traballos gráficos