Saltar ao contido

Alberto Comesaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlberto Comesaña
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutor musical, cantante Editar o valor en Wikidata
Membro de
Compañeiro profesionalCristina del Valle: Amistades Peligrosas Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1531384 BNE: XX1092139 BUSC: comesana-alberto-1961 Musicbrainz: 5f17b0e5-6c3a-4729-8e78-6a42bccd56fa Editar o valor en Wikidata

Alberto Comesaña García, nado en Vigo o 1 de agosto de 1961, é un cantante, presentador de televisión e expolítico galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Vigo, sendo o menor de tres irmáns, de pai natural de Santo André de Comesaña e nai orixinaria do concello coruñés de Vilasantar.[1] Estudou Enxeñaría Agrícola en Lugo, ao tempo que comezou a actuar como DJ no pub Stilton da cidade lucense.[2]

Na década de 1980, no contexto da movida viguesa, liderou o grupo Semen Up, un dos referentes de dito movemento, cuxa primeiro mini-LP foi publicado en 1985.[3] Continuou á fronte do grupo nos seguintes anos, nos que comezou a traballar na TVG, como produtor e presentador do programa musical A tumba aberta e xurado en 3 por 4.[3]

Xa en 1991 creou xunto coa cantante asturiana Cristina del Valle, á que coñecera na TVG, o grupo de música Amistades Peligrosas.[4] Máis tarde, en 1998 anunciaron a súa separación despois de 7 anos de éxitos, e cadaquén seguiu coa súa carreira en solitario. Durante eses anos presentou tamén na Televisión de Galicia os programas Con perdón e Bravo polos amigos.

En 2003 anunciouse a volta de Amistades Peligrosas. Sacaron un disco titulado La larga espera e realizaron unha xira que se prolongou ata 2005.[3]

Política

[editar | editar a fonte]

Na segunda metade da década de 2010 realizou labores políticos como militante do Partido Popular e membro da executiva deste partido en Boadilla del Monte.[5] Así mesmo, ocupou o posto de secretario xeral da Asociación de Compositores y Autores de la Música, colectivo ligado á SGAE.

  1. "Alberto Comesaña: He tonteado con las drogas. Con 15 años cogí un billete sin rumbo fijo". El Correo Gallego (en castelán). 17 de novembro de 2007. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  2. ""En Lugo me vestía para la fiesta: un día fui de nazi por la Praza Maior"". El Progreso (en castelán). 23 de maio de 2021. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Alberto Comesaña". amistadespeligrosas.miswebs.org (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  4. "Caos y vaivenes sentimentales: la alocada historia de Amistades Peligrosas" (en castelán). 14 de decembro de 2018. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  5. "El cantante de Amistades Peligrosas: de cargo del PP a artista sin visado" (en castelán). 18 de febreiro de 2015. Consultado o 17 de marzo de 2022.