Alberte Araúxo Vilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlberte Araúxo Vilar
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsiquiatra Editar o valor em Wikidata

Alberte Araúxo Vilar, nado en Pontevedra en 1961, é médico psiquiatra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e en Antropoloxía Social e Cultural pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Realizou a especialidade de psiquiatría no Hospital Clínic i Provincial de Barcelona. Foi profesor de psicopatoloxía na Universidade Autónoma de Barcelona. Actualmente é psiquiatra no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, e profesor asociado de Clínica Psiquiátrica na USC. Autor de numerosos traballos de investigación no eido da clínica e terapéutica psiquiátrica, así como de libros e capítulos sobre a súa especialidade médica. Promotor do Movemento Galego da Saúde Mental.

Durante a súa etapa de estudante militou no sindicato estudantil nacionalista ERGA e nos Comités Abertos de Faculdade (CAF). Afiliado a diferentes organizacións sindicais e políticas nacionalistas galegas (INTG, AN-PG, UMG e UPG), é actualmente militante da Confederación Intersindical Galega (CIG) -onde promoveu a creación da Agrupación Médica de CIG-Saúde- e do Bloque Nacionalista Galego -dentro da agrupación política "Abrente-Esquerda Democrática Galega"-. Foi membro da Comisión Nacional de Sanidade do BNG, como responsábel da área de saúde mental.