Alban Gerhardt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlban Gerhardt

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de maio de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Berlín, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónvioloncellista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVioloncello Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoHyperion Records (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webalbangerhardt.com Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: 9bc7f71c-e77f-4fbc-8fd2-9bb9eb963c5d Songkick: 259525 Discogs: 764669 Allmusic: mn0002171598 Editar o valor em Wikidata

Alban Gerhardt, nado en Berlín en 1969, é un violonchelista alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alban Gerhardt naceu en 1969 en Berlín (Alemaña), onde seu pai era violinista da Filharmónica de Berlín dende 1966. Aos catro anos seu pai tentou aprenderlle a tocar o violín, mais este experimento resultou un fracaso, polo que aos oito anos de idade comezou a tocar o piano e o violonchelo cos mestres Wolfgang Saschowa e Markus Nyikos respectivamente.[1] Logo dos seus éxitos en concursos, en 1987 debutou como solista coa orquestra de cámara da Filharmónica de Berlín baixo a batuta de Semyon Bychkov, interpretando o Concerto en Re Maior para violonchelo e orquertra de Haydn.[2] En 1994 gañou o Young Concert Artists International Auditions.

Ademais da súa intensa actividade como solista cómpre destacar á música de cámara como unha parte importante da súa carreira, tocando nos máis importantes festivais e cos principais solistas.

Repertorio[editar | editar a fonte]

O seu repertorio conta cuns sesenta concertos, e gosta de rescatar obras pouco coñecidas. A súa colaboración con compositores como Peteris Vasks, Brett Dean, Jörg Widmann, Oswaldo Golijov, Mathias Hinke e Matthias Pintscher é proba do seu grande interese en ampliar o repertorio para o violonchelo.

Instrumento[editar | editar a fonte]

Logo da perda do seu violonchelo Guadagnini, Gerhardt toca un instrumento único de Matteo Gofriller.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Prokofiev: Cello Concerto & Symphony-Concerto, Hyperion Records (2009)
  • Alkan/Chopin: Cello Sonatas, Hyperion Records (2008)
  • Max Reger Cello Sonatas, Hyperion Records (2008)
  • The Romantic Cello Concerto Vol. II, Hyperion Records (2007)
  • Shostakovich - Schnittke: Cello Sonatas, Hyperion Records (2006)
  • The Romantic Cello Concerto Vol. I, Hyperion Records (2005)
  • Bach, Britten, Kodály, Oehms Classics (2004)
  • Frank Bridge: Orchestral Works, Vol. 4, Chandos Records (2004)
  • Frederick Jacobi, Naxos (2004)
  • Lennox and Michael Berkeley, Chandos Records (2003)
  • Anton Rubinstein, MDG Gold (2003)
  • BBC Music Magazine Special (2001)
  • Nielsen - Barber, Amati (2001)
  • BBC Music Magazine Special (2001)
  • Webern - Carter - Dean - Holliger, IPPNW Concerts (1999)
  • Spanish Encores, EMI Classics (1999)
  • Brahms Sonatas, Harmonia Mundi (1998)
  • Bach - Brahms - Schubert, IPPNW Concerts (1997)
  • Schubert - Schumann, IPPNW Concerts (1993)
  • Brahms - Franck, IPPNW (1992)
  • Wandering Soul: Music by Peter Kuhlmann, Y•T Records (1992)
  • Kodàly - Debussy - de Falla - Kreisler - Paganini, Primavera (1991)

Premios[editar | editar a fonte]

  • Echo Klassik Prize: 1998, 2003
  • Midem Classic Award: 2005
  • Best Orchestra Recording (BBC Music Magazine): 2005
  • CD des Monats im Fonoforum: 2005

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]