Saltar ao contido

Alba Mancebo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlba Mancebo
Biografía
Nacemento1993 Editar o valor en Wikidata (30/31 anos)
Cambeda, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Université de Tours (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAlberto Mancebo Editar o valor en Wikidata

Facebook: alba.mancebosoto Twitter: mancebota Instagram: mancebota Editar o valor en Wikidata

Alba Mancebo Soto, coñecida como Alba Mancebo, nada en Cambeda (Vimianzo) en 1993,[1] é unha xornalista e presentadora de tv galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Graduouse en xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, despois de facer un curso na Universidade de Tours.

Traballou un ano na Radio Galega colaborando nos informativos e A tarde. En 2017 pasou ao departamento de Contidos Web da TVG. Participou en A Revista, falando dos contidos da rede. No 2018 creou a sección #instaGal para promover a lingua a través do Instagram da @TVGalicia. Foi nomeada xefa de Servizo[2] do Departamento de Extensión Audiovisual da CRTVG.[3]

En 2020 foi a presentadora do programa Os Castros, da TVG.[4] Foi condutora do programa dos Fogos do Apóstolo 2022 con Noelia Rey e Arturo Fernández.[5] Tamén con Arturo Fernández conduciu os Eventos G da TVG en 2022.[6]

Participou en Ciencias da Comunicación (USC) no curso Escribir para as redes sociais achegando a súa experiencia.[7] Foi pregoeira do Asalto ao Castelo de Vimianzo en 2019.[8] En 2023 foi unhas das presentadoras dos Premios Mestre Mateo en Ourense.[9]

É irmá do tamén xornalista Alberto Mancebo.

  • 2019: Premio CIRCOM á mellor comunicadora nova (Young Onscreen Talent) que concede este organismo que agrupa as televisións rexionais europeas.[10]
  • 2020: Finalista nos Premios Mestre Mateo no apartado de Mellor comunicador de televisión.
  1. "Compostimes". Compostimes. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-15. 
  2. "Corporación Radio y Televisión de Galicia" (en castelán). 2023-01-28. 
  3. CTNL, Publicado por. "Alba Mancebo LGx15". Consultado o 2023-03-15. 
  4. "Os castros CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-03-15. 
  5. "tendencias". elcorreogallego.es. 
  6. Redacción (2022-09-09). "‘Eventos G’ métese entre bastidores da orquestra coruñesa Los Satélites na TVG". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2023-03-15. 
  7. "Ciencias da Comunicación impulsa o curso ‘Escribir para as redes sociais’". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2023-03-15. 
  8. "La periodista Alba Mancebo, pregonera del Asalto ao Castelo". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-06-16. Consultado o 2023-03-15. 
  9. García, Por Alicia Alonso (2023-03-08). "Coñece ás compañeiras que anunciarán as gañadoras dos XXI Mestre Mateo". Premios Mestre Mateo. Consultado o 2023-03-15. 
  10. costa, que pasa na (2019-04-16). "A xornalista vimiancesa Alba Mancebo, mellor comunicadora nova das televisións rexionais europeas". que pasa na costa. Consultado o 2023-03-15.