Alberto Mancebo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xullo de 1983 (40 anos) Cambeda, España |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor , xornalista |
Familia | |
Irmáns | Alba Mancebo |
Alberto Mancebo Soto, coñecido como Alberto Mancebo, nado en Vimianzo o 10 de xullo de 1983, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Xornalismo pola USC coa especialidade en radio e televisión, e despois completou a formación en Liverpool.[1]
Desde 2004 traballou para a Televisión de Galicia, viaxando por Europa, Canadá, Brasil ou Panamá. Durante cinco anos foi correspondente en Portugal e despois regresou a Galicia onde en 2023 presentaba o Telexornal Fin de Semana canda Irene Lourido.[2]
En 2023 publicou a súa primeira novela, O que me quedaba por dicirche,[3] e ese mesmo ano gañou o Manuel Lueiro Rey de novela curta por Indolente.[4]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Alberto Mancebo é irmán da tamén xornalista Alba Mancebo. Identifícase como non-heterosexual.[4]
Obra[editar | editar a fonte]
- O que me quedaba por dicirche (2023). Vigo: Xerais. 136 páxs. ISBN 978-84-1110-362-6. ePub: ISBN 978-84-1110-370-1.
Premios[editar | editar a fonte]
- 2023: Premio Lueiro Rey por Indolente.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-05-03.
- ↑ "Telexornal Serán FDS CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-05-03.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-05-03.
- ↑ 4,0 4,1 Fernández Blach, Gabriel (2023-12-26). "“Vimianzo está moi presente en min, levo a miña fala por bandeira”". El Correo Gallego. Consultado o 2023-12-27.
- ↑ culturagalega.org (2023-12-18). "O galardón conta cunha dotación de 3.000 euros e a publicación da obra por Xerais". culturagalega.org. Consultado o 2023-12-19.