Alba Iulia
Alba Iulia (ro) Gyulafehérvár (hu) Karlsburg (de) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Romanía | ||||
Județ | Condado de Alba | ||||
Capital de | |||||
Capital | Alba Iulia (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 64.227 (2021) (619,65 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 103,65 km² | ||||
Altitude | 230 m | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Alba Iulia (en) | Gabriel-Codru Pleșa (en) (2020–) | ||||
Membro de | Liga de Cidades Históricas (2016–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 510002–510408 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 258 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Nazaret Lutsk Arnsberg (1974–) Székesfehérvár (1994–) Nazaré Illit (pt) (1994–) San Benedetto del Tronto (pt) (2000–) Düzce (pt) (2001–) Aigio (pt) (2001–) Sliven (pt) (2002–) Alcalá de Henares (2002–) Varese (2003–) Viadana (pt) (2006–) Alessandria (2008–) Lanzhou (pt) (2010–) Biograd na Moru (pt) (2011–) Chișinău (2011–) Fontainebleau (2022–) | ||||
Páxina web | apulum.ro | ||||
Alba Iulia (Húngaro: Gyulafehérvár, Alemán: Karlsburg) é unha cidade do condado de Alba, Transilvania, Romanía cunha poboación de 66.369, localizada a carón do río Mureş.
A cidade consiste en dúas partes, a alta foi construída por Carlos VI de Austria entre 1716 e 1735 e a cidade baixa, na que está a catedral gótica e o Batthyaneum, un museo fundado en 1794.
A cidade é historicamente importante para as minorías húngara e alemá de Romanía.
En 1992 o 93,7% da poboación era romanesa, o 3,5% húngara, o 2% xitana e o 0,6% alemá.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade foi un importante centro político e económico dacio denomidado Apulon, mencionado polo xeógrafo grego Tolomeo. Cando o sur da Dacia se converteu nunha provincia do Imperio romano, a capital da Dacia Apulensis foi establecida aquí, e a cidade foi coñecida como Apulum
Entre 1541 e 1690 foi a capital do Principado de Transilvania.
O 1 de decembro de 1918 prodúcese a incorporación da Transilvania a Romanía, e o 15 de outubro de 1922 Fernando de Romanía foi proclamado rei de Romanía en Alba Iulia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alba Iulia |