Alén do Cosmos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alén do Cosmos
Ficha técnica
Título orixinalAlén do Cosmos
DirectorPedro Pablo Alonso
ProdutorQuadra Produccións Audiovisuais
GuiónPedro Pablo Alonso
MúsicaRuxe Ruxe
Duración57 minutos
OrixeGalicia Galicia
Xénerodocumental
Na rede
Filmaffinity: 998892 Editar o valor em Wikidata

Alén do Cosmos é un documental dirixido por Pedro Pablo Alonso no ano 2016 que repasa a traxectoria do futbolista vigués Santiago Formoso, que xogou en varios equipos dos Estados Unidos, entre eles o mítico Cosmos de Nova York de finais dos anos 70, onde compartiu equipo con xogadores como Pelé, Franz Beckenbauer ou Carlos Alberto.[1][2]

Produción[editar | editar a fonte]

Os xornalistas Pedro Pablo Alonso e Rubén Pardiñas ó coñecer a historia de Santiago Formoso no New York Cosmos, decidiron realizar un documental titulado narrando as experiencias do futbolista galego na liga de fútbol norteamericana e a súa estadía no New York Cosmos. O documental comezou a rodarse no ano 2013, contando coa colaboración do actor Luís Tosar, o futbolista Iago Aspas, o xornalista da televisión de Galicia Luis Timiraos ou o adestrador Paco Herrera.[3][4][5] O grupo Ruxe Ruxe compuxo o tema "Alén do Cosmos" para o documental.

Estrea[editar | editar a fonte]

A estrea do documental tivo lugar o 1 de decembro de 2016 no auditorio do Concello de Vigo, asistindo entre outros Eduardo Berizzo, Iago Aspas ou Sergio Álvarez.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Formoso, el español que jugó con Pelé, Beckenbauer y Cruyff, y que ahora es chófer en Uber". Marca (en castelán). Consultado o 1 de xuño de 2020. 
  2. "Un gallego en el Cosmos" (en castelán). 16 de mazo de 2017. Consultado o 1 de xuño de 2020. 
  3. "Luis Tosar con Alén do Cosmos!". Consultado o 1 de xuño de 2020. 
  4. Ros, Cayetano (24 de marzo de 2013). "“Yo jugué en un equipo de monstruos”". El País (en castelán). Consultado o 1 de xuño de 2020. 
  5. Luis Tosar e Alén do Cosmos (Youtube). 13 de maio de 2013. 
  6. "Exitoso estreno en Vigo del documental "Alén do Cosmos"". Faro de Vigo (en s). 2 de decembro de 2016. Consultado o 1 de xuño de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]